ESTADÍAS DE TEMPO LIBRE PARA MULLERES SOAS CON RESPONASBILIDADES FAMILIARES NON COMPARTIDAS

ESTADÍAS DE TEMPO LIBRE PARA MULLERES SOAS CON RESPONSABILIDADES FAMILIARES NON COMPARTIDAS


Por resolución de 7 de maio de 2010, da Secretaría Xeral da Igualdade, se convocan estadías de tempo libre para mulleres que teñan fillas ou fillos menores exclusivamente ao seu cargo, para que disfruten dun espazo e un tempo desligado da súa situación habitual e no cal poidan intercambiar experiencias a través da convivencia nun espazo de lecer.


PRAZAS


Convócanse ata un máximo de 95 prazas para mulleres con fillas e/ou fillos ao seu cargo, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

DURACIÓN

As estadías terán unha duración de entre sete e dez días, en réxime de pensión completa, preferentemente entre finais do mes de xuño e principios do mes de xullo.

CONDICIÓNS ECONÓMICAS

Os gastos de aloxamento, manutención, monitoras e transporte dende o seu concello de orixe serán gratuítos para as persoas beneficiarias, e correrán por conta da Secretaría Xeral de Igualdade e do Servizo Galego de Igualdade.

REQUISITOS

a/ Ter fillas e/ou fillos a cargo exclusivamente con idades comprendidas entre os 2 e 12 anos.

b/ Estar domiciliadas na Comunidade Autónoma de Galicia e no caso de mulleres estranxeiras, ter permiso de residencia.

c/ Dispoñer dunha renda que, tendo en conta todos os ingresos do conxunto da unidade familiar, divididos polo número de membros que a compoñen, non supere o SMI.

d/ Non padecer ela, nin as fillas e/ou fillos que a acompañen enfermidades que requiran illamento e/ou que impida a normal convivencia.

LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN


O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOGA.

As solicitudes poderán presentarse no rexistro de Igualdade, sito no edificio administrativo de San Lázaro, 15781 Santiago de Compostela, ou por calquera dos medios permitidos pola normativa reguladora do procedemento administrativo. No caso de que se presenten noutros rexistros, deberá enviarse unha copia da solicitude por fax ao número 981541919.

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA