FOMENTO DO ASOCIACIONISMO E A PARTICIPACIÓN DAS MULLERES

RESOLUCIÓN DE 18 DE MAIO DE 2010, DA SECRETARÍA XERAL DA IGUALDADE, POLA QUE SE REGULAN AS BASES QUE REXERÁN O PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN DE AXUDAS ECONÓMICAS DESTINADAS A FOMENTAR O ASOCIACIONISMO (DIARIO OFICIAL DE GALICIA, Nº 96, LUNS 24 de MAIO DE 2010)


OBXECTO


Esta resolución ten por obxecto fixar as bases reguladoras e a convocatoria de axudas económicas en favor das asociacións de mulleres e federacións constituídas por estas, con destino a gastos correntes derivados do seu mantemento e funcionamento durante o ano 2010.


ENTIDADES BENEFICIARIAS

As axudas poderán ser solicitadas polas asociacións de mulleres e federacións constituídas por estas domiciliadas na Comunidade Autónoma de Galicia, sen ánimo de lucro, legalmente constituídas ao abeiro da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, e inscritas no Rexistro Unico de Entidades Prestadoras de Servicios Sociais, nás áeras de actuación da muller ou de igualdade.

Os fins e obxectivos das asociacións e das federacións solicitantes deberán contribuír a:
a) Promover a igualdade entre homes e mulleres.
b) Promover a participación e a presenza das mulleres na vida política, económica, cultural e social.

CONTÍA DA SUBVENCIÓN

A contía de cada axuda determinarase sobre a base da puntuación asignada en función dos criterios de valoración establecidos, e poderá alcanzar como máximo o 90% do total do orzamento presentado, sen que en ningún caso supere os 6.000 euros por entidade beneficiaria.

CONCEPTOS E GASTOS SUBVENCIONABLES

As axudas reguladas teñen como finalidade fortalecer e consolidar o movemento asociativo de mulleres; por este motivo, concederanse axudas económicas para compensar os gastos realizados e efectivamente pagados que orixine o mantemento ou funcionamento destas entidades entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro de 2010.
Terán a consideración de subvencionables, entre outros, os seguintes gastos:

a) Gastos correspondentes ao aluguer do local onde se sitúe a sede social da asociación ou federación.
b) Gastos de administración xeral e material funxible de oficinas e ofimático, gastos de correo e outros análogos.
c) Gastos de persoal administrativo contratado.
d) Obras de conservación e mantemento e pequenas reparacións que non teñan o carácter de inventariables, por non implicar incremento do valor patrimonial da sede social.
e) Asesoramento xurídico, fiscal e contable da asociación ou federación.
f) Gastos derivados das subministracións de auga, electricidade e similares relativos ao local da sede social, así como gastos da liña telefónica.
Instalacións de liñas ADSL, mantemento de equipos informáticos e creación ou mantemento da páxina web da asociación ou federación.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao incial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.




Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA