RESOLUCIÓN DO 18 DE MAIO DE 2010, DA SECRETARÍA XERAL DA IGUALDADE

CONVOCATORIA PARA O ANO 2010 DAS AXUDAS ESTABLECIDAS NO ARTIGO 27 DA LEI ORGÁNICA 1/2004, DO 28 DE DECEMBRO, DE MEDIDAS DE PROTECCIÓN INTEGRAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, E NO ARTIGO 43 DA LEI 11/2007, DO 27 DE XULLO, GALEGA PARA A PREVENCIÓN E O TRATAMENTO INTEGRAL DA VIOLENCIA DE XÉNERO



Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario O ficial de Galicia e rematará o 30 de novembro de 2010, no caso da axuda establecida no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, de 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e o 31 de outubro de 2010 para a indemnización recollida no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero.

Contía das axudas


Axudas establecidas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 20 de decembro


- O importe desta axuda será, con carácter xeral, equivalente ao de seis meses do subsidio por desemprego vixente.

- O importe desta axuda será equivalente a doce meses de subsidio por desemprego nos seguintes casos:

a) Cando a vítima tivese a cargo un familiar ou menor acollido/a.
b) Cando a vítima, sen responsabilidades familiares, tivese unha discapacidade igual ou superior ao 33%.

- O importe desta axuda será equivalente a dezaoito meses de subsidio por desemprego nos seguintes casos:

a) Cando a vítima tivese ao seu cargo dous o máis familiares ou menores acollidos/as, ou un familiar e un menor acollido/a.
b) Cando a vítima tivese ao seu cargo un familiar ou menor acollido/a e unha discapacidade igual ou superior ao 33% ela ou a persoa dependente.

- O importe desta axuda será equivalente a vinte e catro meses de subsidio por desemprego nos seguintes casos:

a) Cando a vítima tivese ao seu cargo dous ou máis familiares ou menores acollidos/as e unha discapacidade igual ou superior ao 33% ela ou algunha das persoas dependentes.
b) Cando a vítima de violencia de xénero con responsabilidades familiares ou o familiar ou menor acollido/a con quen conviva tivese recoñecido oficialmente un grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

Axudas de indemnización establecidas no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo.

A contía da indemnización que se aboará será, sen prexuízo do disposto no seguinte parágrafo, a fixada pola resolución xudicial correspondente que quede pendente de pagamento tras a declaración de insolvencia do obrigado a el.
A contía máxima da indemnización establécese en 6.000 euros por cada persoa beneficiaria.


















Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

MEDIDAS DE PREVENCIÓN PARA FACER FRONTE Á CRISE SANITARIA OCASIONADA POLO COVID-19 EN RELACIÓN COA CHEGADA Á COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA DE PERSOAS PROCEDENTES DOUTROS TERRITORIOS