ORDE DO 9 DE XUÑO DE 2010 : AXUDAS EN MATERIA DE TRABALLO EN IGUALDADE DAS MULLERES DE GALICIA E SE CONVOCAN PARA O EXERCICIO 2010





OBXECTO


Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión das axudas dirixidas ao fomento da implantación de plans de igualdade, para a eliminación da infrarrepresentación feminina e para a garantía e mellora do dereito á conciliación da vida laboral e familiar en pequenas e medianas empresas (peme).

Para os efectos desta orde, considérase peme a empresa que empregue menos de 250 traballadores e traballadoras e que non supere os 50 millóns de euros de volume de negocio anual ou o seu balance anuel sexa inferior a 43 millóns de euros.

Non se inclúen, neste ámbito de aplicación, as entidades sen ánimo de lucro.

ACTUACIÓNS E GASTOS SUBVENCIONABLES

LIÑA I: Axudas para a implantación de plans de igualdade:

a) Realización de estudos, análises ou diagnoses da realidade da empresa desde a perspectiva de xénero para a elaboración dun plan de igualdade e que incluirán necesariamente os seguintes aspectos: avaliación dos postos de traballo, categorías profesionais, xornada laboral e un estudo da estrutura salarial e extrasalarial.

A contía da axuda acadará ata o 100% do gasto necesario para a realización da actividade cun máximo de 5.000 euros por entidade beneficiaria, ou de 6.000 euros no caso de que as empresas teñan menos de 50 traballadores/as.

b) Asistencia a cursos de formación en materia de igualdade convocados ou impartidos por entidades públicas ou privadas con experiencia e prestixio nesta materia, do persoal directivo e/ou mandos intermedios da empresa, así como daquel persoal que forme parte dos órganos de igualdade que se creen para o desenvolvemento do plan de igualdade.

A contía destas axudas acadará ata o 100% dos gastos necesarios para a realización da actividade cun máximo de 600 euros por persoa para cursos de ata 50 horas e cun máximo de 1200 euros por persoa para cursos de 50 horas ou máis.

c) A contratación, durante a vixencia do plan de igualdade, de persoal con experiencia e/ou coñecementos en materia de igualdade, co obxecto de asesorar na implantación e aplicación do plan de igualdade.

A axuda será de 300 euros/mes por persoa contratada e unicamente mentres persista este asesoramento.

Cando a empresa teña menos de 50 traballadores/as a contía será de 450 euros/mes por persoa contratada.

d) Os gastos derivados da contratación de empresa ou entidade externa especializada en materia de igualdade para o asesoramento na implantación e aplicación do plan de igualdade.

A contía da axuda acadará ata o 10% do importe efectivamente satisfeito pola contratación, sen IVE, cun máximo de 3.000 euros.

Cando a empresa beneficiaria desta axuda teña menos de 50 traballadores/as, a cantidade anterior incrementarase nun 20% cun máximo de 3.600 euros.

LIÑA II: Axudas para actuacións tendentes á eliminación da infrarrepresenatción feminina nos eidos laborais ocupados predominantemente por homes.

A contía das axudas acadará ata o 100% dos gastos efectivamente satisfeitos, sen incluír o IVE, cun máximo de 20.000 euros por entidade beneficiaria no suposto de que o compromiso de contratación supoña un incremento de entre un 10% e un 15% da representación feminina da empresa, cun mínimo de dúas traballadoras se se trata de empresas de menos de 50 traballadores/as, ou cun mínimo de seis traballadoras no caso de empresas de máis de 50 traballadores/as.

LIÑA III: Axudas para os investimentos realizados polas empresas co fin de habilitar servizos de comedor, gardaría, lugares axeitados para o repouso das traballadoras embarazadas, salas de lactación e instalacións análogas para garantir e mellorar o dereito á conciliación da vida familiar e laboral.

A contía das axudas acadará ata o 100% dos gastos necesarios para a realización das actuacións consideradas como subvencionables, excluído o IVE, cun máximo de 20.000 euros por entidade beneficiaria para o caso de habilitar lugares axeitados para repouso de traballadoras embarazadas, salas de lactación ou instalacións análogas e un máximo de 40.000 euros cando se trate de habilitar servizos de comedor e gardaría.

BENEFICIARIAS

As pequenas e medianas empresas que teñan domicilio social en Galicia ou empresas con axencia, sucursal, delegación ou calquera outra representación en Galicia sempre que, pola súa vez, teñan contratado un mínimo dun 10% do seu persoal en Galicia e, cando menos, unha persoa.



Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

MEDIDAS DE PREVENCIÓN PARA FACER FRONTE Á CRISE SANITARIA OCASIONADA POLO COVID-19 EN RELACIÓN COA CHEGADA Á COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA DE PERSOAS PROCEDENTES DOUTROS TERRITORIOS