PROGRAMA MEDIAGAL, DE MEDIACIÓN FAMILIAR GALEGA



Orde do 14 de xuño de 2010 pola que se regulan as bases para concesión de subvencións para a cobertura do custo de procesos de mediación familiar e se procede á súa convocatoria para 2010

Obxecto

Esta orde ten por obxecto a convocatoria, en réxime de concorrencia non competitiva, e a aprobación das bases polas que se rexen as subvencións para a cobertura dos custos dos procesos de mediación familiar que se celebren dentro do marco do programa Mediagal, de mediación familiar galega ao longo do ano 2010.

Tipo de subvención

A subvención convocada consiste na cobertura do custo dun proceso de mediación familiar cun máximo de seis sesións, mediante a adxudicación e entrega ás persoas beneficiarias de cheques de servizo gratuíto cun valor nominal de 60 euros por sesión de mediación e ata un máximo de 360 euros.

Persoas beneficiarias

Persoas residentes en Galicia unidas por vínculo matrimonial ou que forman unha unión estable de parella, que se atopen nun proceso de separación, divorcio ou nulidade do matrimonio ou ben de ruptura da unión, así como en conflitos de convivencia e que teñan ou non iniciado ou solicitado a iniciación dun proceso de mediación a partir do 1 de xaneiro de 2010 con algún das e dos profesionais inscritas e inscritos no Rexistro de Mediadoras e Mediadores de Galicia e que estean adheridos ao programa Mediagal de mediación familiar galega.

Lugar e prazo de presentación das solicitudes

As solicitudes e a documentación requerida presentaranse, de conformidade cos modelos oficiais normalizados, nas oficinas do Rexistro Único e Información, no complexo administrativo de San Caetano, ou ben por calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

O prazo para presentar a solicitude de subvención iniciase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finaliza o 31 de outubro de 2010.



Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA