900 400 273


O TELÉFONO DA MULLERE DE GALICIA ESTÁ DISPOÑIBLE EN 51 IDIOMAS


O Teléfono da Muller de Galicia, 900 400 273, dependente da Secretaría Xeral da Igualdade, está dispoñible en 51 idiomas, o que facilitará a atención personalizada a todas as persoas de orixe estranxeira que residen na nosa comunidade, e que en moitas ocasións teñen dificultades para acceder aos servizos debido ao descoñecemento do idioma.

Este servizo xurde en resposta aos problemas que enfrontan as mulleres estranxeiras que viven en Galicia, un colectivo que crece cada ano e que nunha importante porcentaxe descoñece o galego ou o español, o que xenera unha necesidade de adecuación dos servizos de atención e orientación. O obxectivo é lograr unha correcta asistencia ofertando a posibilidade de que as usuarias podan requirir información e asesoramento e as profesionais que atenden o teléfono podan proporcionar eses servizos mantendo unha conversa normal, sen ningunha barreira lingüística.

Grazas a este sistema espérase minimizar a ansiedade e o estres que se produce pola falta de entendemento, conseguir que un maior número de mulleres poda recibir atención e asesoramento, e mellorar a calidade da asistencia ás mulleres estranxeiras, independentemente da súa orixe e idioma.

Un dos temas que máis preocupa é a violencia de xénero, xa que na nosa comunidade autónoma, a incidencia deste grave problema en mulleres de orixe estranxeira é cada vez maior e por esta razón desde o Teléfono da Muller proporciónase todo tipo de información e asesoramento nesta materia.

O servizo de tradución está dispoñible en oito idiomas as 24 horas do día, todos os días do ano, no resto das linguas estará funcionando en horario de 8:00 h a 18:00 de luns a venres todos os días laborables. As linguas nas que está dispoñible son: inglés, francés, alemán, italiano, portugués, xaponés, chinés mandarín, chinés cantonés, ruso, árabe, polaco, farsi, bambara, sunili, noruegués, sueco, checo, finlandés, grego, turco, rumano, ucraniano, tailandés, esloveno, wolof, lituano, hindi, poular, holandés, húngaro, búlgaro, portugués brasileiro, eslovaco, euskera, serbocroata, danés, coreano, urdu, catalán, armenio, mandinca, afano, albanés, bereber, bosnio, taiwanés, xeorxiano, persa, sirio e por suposto o galego e o español.

Este novo servizo de teletradución cubre os baleiros que non poden cubrir os tradutores presenciais xa que elimina as perdas de tempo por desprazamento e dispoñibilidade; ademais preserva a confidencialidade e o anonimato xa que o traballo realízase polo teléfono e a distancia, xenerando nas usuarias/os a liberdade necesaria para expresarse sen medo.

As usuarias do teléfono

Os números provisionais correspondentes ás estatísticas dos primeiros catro meses do ano e relativos ás chamadas realizadas a este teléfono proporcionan os seguintes datos:

Dende o 1 de xaneiro ate o 31 de abril deste ano chamaron ao teléfono da Muller para realizar consultas 743 persoas. O 15% delas, e dicir 108, proviñan do ámbito rural; o 75% (556) do urbano; e un 11% (79) non están identificadas.

Por provincias, A Coruña está a cabeza con 301 chamadas (41%), seguida de Pontevedra con 247 (33%), Lugo con 76 (10%) e Ourense con 37 (5%). Do resto de España recibíronse 6 chamadas, e hai 76 (10%), que non identificaron a súa procedencia.

Por sexos, a maioría das chamadas foron de mulleres, 687 (92%), aínda que os homes realizaron 56 (8%). Neste último caso moitas veces trátase de familiares das mulleres que chaman para recibir información útil para elas. No que respecta ás idades, a maioría foron feitas por persoas de entre 46 e 55 anos (192-26%), seguidas das que teñen máis de 56 (176-24%), e das que están entre os 36 e 45 anos (169-23%) e as de entre 26 a 35 anos, que tamén sumaron un 22%. Nos últimos postos están as que teñen entre 21 a 25 anos (25-3%) e entre 16 e 20 anos (17-2%).

O Teléfono da Muller

O teléfono da Muller é un servizo gratuíto e anónimo que funciona as 24 horas do día e ten cobertura para toda a Comunidade Autónoma. Está atendido por un equipo multidisciplinar, de forma que calquera muller, ou home, poida facer unha consulta, tanto en horario laborable como en horario nocturno e en días non laborables.

Dende o teléfono da Muller infórmase e asesórase sobre cuestións relacionadas con diferentes materias.

  • A violencia de xénero: malos tratos, vexacións, ameazas, agresións sexuais, acoso sexual.
  • Servizos sociais: casas de acollida, centros de información ás mulleres dos concellos de Galicia, programas para mulleres desfavorecidas, gabinetes de orientación familiar, centros de planificación, etc.
  • Apoio xurídico: separacións, divorcios, abandonos do fogar, sentencias incumpridas.
  • Orientación profesional: cursos ocupacionais, oposicións, bolsas de emprego, creación de empresas...
  • Formación: educación pola igualdade, materiais non sexistas, publicidade discriminatoria.


Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA