RESOLUCIÓN 17 DE AGOSTO DE 2010. AXUDAS E SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DE INICIATIVA SOCIAL PARA CENTROS E RECURSOS INTEGRAIS PARA MULLE


LIÑA 1 Axudas económicas de apoio ao mantemento de centros de atención especializada a mulleres (centros de acollida, centros de día) nos que se ofrece asistencia básica (aloxamento, manutención) ás mulleres en situación de exclusión social e programas de apoio; para a realización de recursos integrais de axuda para mulleres en situación de risco ou en proceso de exclusión social (reclusas, exreclusas, drogodependentes), recursos integrais de apoio a mulleres en situación de especial protección (anciás soas, mulleres con discapacidade, inmigrantes pertencentes a minorías étnicas); programas de apoio e acompañamento dirixidos a vítimas de violencia de xénero; e aqueles outros que se definan para mulleres en situación de especial discriminación ou desigualdade susceptibles de inclusión no ámbito desta resolución.
LIÑA 2 Axuda económica para a realización de proxectos formativos para mulleres dirixidos a súa integración laboral ou mellora da súa empregabilidade, nomeadamente destinados a aquelas que se atopen en situación de risco ou de especial discapacidade ou desigualdade.

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA