RESOLUCIÓN DE 30 DE XULLO DE 2010, DA SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE


SUBVENCIÓNS DESTINADAS A ENTIDADES DE INICIATIVA SOCIAL PARA O DESENVOLVEMENTO DE PROGRAMAS DE APOIO A MULLERES XESTANTES E/OU LACTANTES CON FILLAS/OS MENORES DE TRES ANOS
OBXECTIVOS
- Potenciar a autonomía das mulleres destinatarias das accións, proporcionándolles apoio, asesoramento e acompañamento, respecto aos recursos aos que poden optar pola súa situación persoal, económica ou social.
- Favorecer a súa incorporación ao mundo laboral, posibilitándolles a asistencia a actividades de formación.
ENTIDADES SOLICITANTES
Entidades privadas sin ánimo de lucro que presenten un programa de apoio a mulleres xestantes e lactantes, con fillos/as menores de 3 anos, en situación de posible vulnerabilidade social e/ou laboral, dirixidas a evitar a exclusión destas mulleres a través de accións facilitadoras do seu desenvolvemento persoal, familiar e laboral.
ACCIÓNS SUBVENCIONABLES
A) Programas de información sobre os recursos existentes para elas e para as súas fillas/os.
B) Programas de acompañamento social que inclúan, entre outras, medidas de apoio psicolóxico que permitan superar as cargas emocionais que poida provocar a situación de embarazo ou maternidade.
C) Programas de orientación, asesoramento e busca de emprego, considerando as posibilidades de autoemprego.
D) Programas dirixidos á adquisición de competencias persoais e sociais adaptadas ás circunstancias destas mulleres e dirixidos a preparalas non só para a súa inserción no mercado laboral senón tamén para afrontar a súa nova situación persoal: obradoiros nos que se imparta formación dirixida a obter certa precualificación profesional, complementadas con formación relativa ás necesidades derivadas das súas circunstancias persoais (autoestima, habilidades sociais, nocións de pediatría, coidados básicos na infancia: alimentación, hixiene, primeiros auxilios, prevención de accidentes no fogar, patoloxías infantís máis frecuentes, e outros similares).
E) Medidas de apoio urxente, que en calquera caso deberán ser sempre complementarios dalgún dos programas enunciados nas letras b), c) e/ou d).
PERSOAS PARTICIPANTES NAS ACCIÓNS SUBVENCIONABLES
Mulleres xestantes e lactantes con fillas/os menores de 3 anos, en situación de posible vulnerabilidade social e/ou laboral.


Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA