ROMA


Aínda que os romanos din que "Roma non basta una vita" non nos desanimemos, o CIM de Silleda invítavos a disfrutar de tres magníficos días na cidade eterna.
Alguén dixo que abonda coas prazas e fontes para xustificar unha viaxe a Roma e por aí empezaremos -Navona, Trevi, Spagna, Mattei-, veremos algunha da súas Iglesias e basílicas -os Caravaggio de San Luigi dei Francesi, Sta. María de la Pace e as súas Sibilas, Il Gesú, San Pietro in Vincoli e o seu Moisés, A Piedad de Miguel Ángel- , nos rendiremos ante a inmensidade do Panteón, Foro, Coliseo e Domus Area, e aínda morreremos coa envexa paseando pola vía Condotti, probaremos sorte na Boca da Veritta e disfrutaremos dunha cena en Trastevere.
SAIDA: 27 DE NOVEMBRO
20:15 SANTIAGO- 22:55 ROMA
CHEGADA: 30 DE NOVEMBRO
17:00 ROMA-19:50 SANTIAGO
Aloxarémonos no Hotel Tirreno, de tres estrelas, en habitación doble con almorzo incluido.
O prezo total ascende a 200 euros.
O prazo de inscrición finaliza o próximo mércores, 15 de setembro
Para resolver calquera dúbida achegarvos ás nosas dependencias o chamarnos o teléfono 986592037

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA