LEI 7/2010, DO 15 DE OUTUBRO


SUPRESIÓN DO ORGANISMO AUTÓNOMO SERVIZO GALEGO DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE DO HOME E DA MULLER
Suprímese o referido organismo autónomo, pasando as súas funcións a ser desenvolvidas polo departamento da Administración autonómica competente en materia de igualdade.
RÉXIME DO PERSOAL
O persoal que á entrada en vigor desta lei estea prestando servizos no Servizo galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller quedará adscrito ao departamento da Administración autonómica competente en materia de igualdade.
Malia o anterior, os órganos competentes poderán efectuar as reasignacións de efectivos que procedan.
RÉXIME PATRIMONIAL
Os bens do organismo autónomo suprimido e os adscritos para o cumprimento dos seus fins incorporaranse ao patrimonio da Comunidade Autónoma. A súa afectación e adscrición produciranse conforme o previsto na normativa aplicable en materia de patrimonio da Comunidade Autónoma galega.
A Comunidade Autónoma de Galicia subrógase na titularidade dos dereitos e das obrigas do organismo autónomo Servizo galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller.
Esta lei entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

MEDIDAS DE PREVENCIÓN PARA FACER FRONTE Á CRISE SANITARIA OCASIONADA POLO COVID-19 EN RELACIÓN COA CHEGADA Á COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA DE PERSOAS PROCEDENTES DOUTROS TERRITORIOS