25 DE NOVEMBRO DE 2010. DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO.

Ante a conmemoración dun novo 25 de Novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero, reafirmamos unha vez máis, o noso posicionamento de repulsa ante tan cruel realidade.

A violencia de xénero é un atentado directo e inmediato á dignidade das mulleres, aos seus dereitos individuais, á súa calidade de vida e á súa saúde física e mental.

A loita contra este fenómeno esixe un compromiso de todas e cada unha das persoas que conformamos a sociedade, un compromiso persoal, de cada institución, de cada colectivo e organización. Se non nos implicamos na súa erradicación, seremos cómplices da súa perpetuación.

Dende o concello, coa forza que nos outorga ser a administración máis próxima aos cidadáns continuaremos promovendo programas e recursos para atender ás mulleres que se enfrontan a esta agresión diaria. Faremos que sintan que teñen un lugar seguro ao que acudir. Faremos que sintan que teñen un lugar seguro ao que acudir. Faremos que non se sintan soas. Este é o compromiso que hoxe renovamos.

Queremos facer un chamamento xeral á dignidade, ao respecto, ao valor social imprescindible das mulleres como posuidoras de dereitos fundamentais. En definitiva, un chamamento á liberdade. porque sen liberdade, non haberá igualdade.

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA