Curso "A AGRICULTURA ECOLÓXICA COMO ACTIVIDADE EMPRESARIAL EMERXENTE"


O Centro de Información ás Mulleres de Silleda organiza o curso "A agricultura ecolóxica como actividade empresarial emerxente", subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade.

O curso de 100 horas de duración, ten como obxectivo "dar ás alumnas nocións sobre as características do producto ecolóxico frente ao fabricado ou tratado, dar a coñecer as posibles saídas ao mercado do produto final, proporcionar orientación lexislativa relativa ao control do Consello Regulador de Galicia, así como información e orientación sobre a creación de empresas agroecolóxicas".

O número máximo de participantes será de 15 mulleres, que serán seleccionadas en función dos seguintes criterios de prioridade:

1º. Mulleres desempregadas en situación de especiais dificultades económicas, familiares ou sociais.
2º. Desempregadas soas con cargas familiares.
3º. Desempregadas maiores de 45 anos.
4º. Desempregadas de longa duración.
5º. Mulleres que non entren en ningún dos colectivos anteriores..

O que sempre se garantirá é que o 75% das prazas se cubrirán con algún dos colectivos prioritarios numerados do 1 ata o 4, e únicamente no caso de non completarse as 15 prazas con estes colectivos se poderá completar o 25% restante con mulleres encadradas no punto 5.

O curso iniciarase o próximo día 8 de novembro e rematará o 10 de decembro, con horario de 9:30 a 14 horas.

A inscrición deberá efectuarse nas instalacións do CIM de Silleda, Chousa Nova 67, 986592037, finalizando o prazo de inscrición o 5 de novembro.

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA