28 de decembro. Santos Inocentes

A celebración do día dos Inocentes é unha tradición que ten as súas orixes na lenda da matanza de nenos que ordeou o rei Herodes co obxetivo de asasinar ao Neno Xesús. Tamén, esta festa popular ten unha orixe pagán que naceu na Idade Media, cando durante este día, preludio do Entroido, o desenfreno e o xolgorio eran os protagonistas, xa que todo estaba permitido e a culpa non recaía en ninguén.

Hoxe en día, a festa ten un sentido pagán, no que as persoas se fan bromas e engaños. Unha das bromas máis coñecidas son uns bonecos de papel que se enganchan na espalda de alguén en sinal de burla. Este día tamén é costume que os medios de comunicación publiquen unha noticia falsa e incrible, que os lectores teñen que averiguar. Ao día seguinte, os medios de comunicación desvelan cal era a noticia errónea.

As tecnoloxías van avanzando e hoxe en día están moi de moda outras inocentadas como as chamadas telefónicas e as mensaxes a móbil facéndose pasar por outra persoa que gastan unha broma ao inocente.. Tamén teñen moito éxito as novas exaxeradas sobre fichaxes de los grandes Clubes de fútbol.


Navidad





Algunhas ideas pra hoxe....

Preparar o almorzo

Sorprende á túa familia e prepara o almorzo. Non olvides valeirar o azucreiro e rechealo con sal.



Levantarse a tempo

Outro truco para o día dos santos inocentes é tan sinxelo como cambiar todos os reloxos. Ou ben os adianta, forzando que todo o mundo se levante dúas horas antes do normal. Ou ben os retrasa, e fai que todo o mundo chegue tarde. O mellor momento para cambiar os reloxos é cando todos están xa durmindo. E hai que cambialos todos para que sexa un éxito - despertadores, reloxes de man, teléfonos móbiles....


Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

MEDIDAS DE PREVENCIÓN PARA FACER FRONTE Á CRISE SANITARIA OCASIONADA POLO COVID-19 EN RELACIÓN COA CHEGADA Á COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA DE PERSOAS PROCEDENTES DOUTROS TERRITORIOS