APOIO Á EXECUCIÓN DE PROGRAMAS SOBRE IGUALDADE NO ÁMBITO UNIVERSITARIO


RESOLUCIÓN DO 18 DE XANEIRO DE 2011, DA SECRETARIA XERAL DA IGUALDADE, POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS QUE REXERÁN AS AXUDAS E SUBVENCIÓNS PARA O APOIO Á EXECUCIÓN DE PROGRAMAS SOBRE IGUALDADE NO ÁMBITO UNIVERSITARIO E DOS ORGANISMOS PÚBLICOS DE INVESTIGACIÓN

FINALIDADE E RÉXIME DE AXUDAS

As axudas teñen por obxecto a implementación de actuacións específicas de igualdade de oportunidades no SUG, promovendo a creación e o mantemento de centros, oficinas, cátedras e unidades de xénero ou a realización de cursos e actividades específicas neste eido e nos entes de dereito público da Comunidade Autónoma de Galicia que se dediquen á investigación, sempre que os ditos programas ou actuacións se leven a cabo coa colaboración de diferentes departamentos ou áreas universitarias ou organismos de investigación.


Así mesmo, por medio desta resolución convócanse estas subvencións para programas que se desenvolvan entre o 1 de outubro do ano 2010 e o 30 de setembro do ano 2011 en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, cos tipos que a seguir se indican:


a) Axudas dirixidas ás universidades públicas:

-Para a creación e mantemento de unidades, oficinas, cátedras e centros de xénero.

-Para a realización de cursos de posgrao, conferencias, xornadas e actividades sobre cuestións de xénero e/ou

que integren unha perspectiva de xénero.

-Para a realización e difusión de estudos e investigacións sobre cuestións de xénero e/ou que integren unha perspectiva de xénero.


b) Axudas a organismos públicos de investigación, constituídos por entes de dereito público da comunidade autónoma:

-Para a realización de cursos, conferencias, xornadas e actividades sobre cuestións de xénero e/ou que integren unha perspectiva de xénero.

-Para a realización e difusión de estudos e investigacións sobre cuestións de xénero e/ou que integren unha perspectiva de xénero.



Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA