AXUDAS ÁS FAMILIAS NUMEROSAS

NegritaQUE É UNHA FAMILIA NUMEROSA?

E a unidade familiar formada por unha ou dúas persoas ascendentes con tres ou mais fillas ou fillos, sexan ou non comúns.
E aquelas que estean formadas por:
-Unha ou dúas persoas ascendentes con dúas fillas ou fillos, sexan ou non comúns, sempre e cando, como mínimo, unha filla ou fillo teña unha discapacidade ou estea incapacitada para traballar.
-Dúas persoas ascendentes con dúas fillas ou fillos, sexan ou non comúns, cando ambas teñan unha discapacidade ou estivesen incapacitadas para traballar, ou cando unha delas tivese un grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
-A nai o pai separadas e separados ou divorciadas e divorciados, con tres ou máis fillas ou fillos, sexan ou non comúns, aínda que estean en distintas unidades familiares ou non vivan no domicilio conxugal, sempre que estean baixo a súa dependencia económica.
-Dúas ou máis irmás e irmáns orfos de nai e de pai sometidos a tutela, acollemento ou garda, que convivan coa persoa titora, acolledora ou gardadora, pero que non estean ás súas expensas.
-Tres ou máis irmás ou irmáns orfos de nai e de pai, maiores de 18 anos (ou dous, se un deles és discapacitado), que convivan e teñan unha dependencia económica entre eles.
-Nai ou pai con dúas fillas ou fillos, cando falece a outra persoa proxenitora.

QUE REQUISITOS SE DEBEN CUMPRIR?

Residir legalmente no territorio español ou se a teñen noutro estado membro da Unión Europea ou que sexa parte do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo que, como mínimo un das persoas ascendentes da unidade familiar, exerza unha actividade por conta allea ou por conta propia en España.
As persoas nacionais doutros países terán dereito ao recoñecemento da condición de familia numerosa sempre que sexan residentes en España todas as persoas membros que dean dereito aos beneficios recollidos na Lei, nos termos establecidos na Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, reformada por Lei orgánica 8/2000, do 22 de decembro, e a súa normativa de desenvolvemento.
As fillas ou fillos e irmás ou irmáns deben reunir as seguintes condicións:
- Seren persoas solteiras e menores de 21 anos ou persoas cunha discapacidade ou incapacitadas para o traballo. Amplíase a idade ata os 25 anos se cursan estudos axeitados á súa idade e titulación ou encamiñados á obtención dun posto de traballo.
-Conviviren coa persoa ascendente ou ascendentes.
-Dependeren economicamente delas. Entenderase que manten a dependencia económica cando obteña uns ingresos non superiores en cómputo anual ao IPREM vixente ou contribúa ao sostemento da familia, nos sopostos establecidos na lei.

QUE CATEGORÍAS HAI?

-Especial: de cinco ou máis fillas ou fillos e de catro, sempre que tres procedan de parto, adopción ou acollemento permanente ou preadoptivo múltiples. Tamén de catro fillas ou fillos cando os seus ingresos anuais, divididos polo número de membros que as compoñen, non superen en cómputo anual o 75% do IPREM vixente.
-Xeral: as restantes unidades familiares.
Cada filla ou fillo con discapacidade computa como dúas para os efectos de determinar a categoría.

CALES SON OS BENEFICIOS?

-
Deducións fiscais.
-Bonificación do 45% nas cotas á Seguridade Social para a contratación de persoas coidadoras ao servizo da familia.
-Incremento do límite de ingresos para ter dereito ás asignacións económicas da Seguridade Social por prestacións familiares.
-Ampliación do período considerado como cotizado e do de reserva do posto de traballo no caso de excedencia por coidado de fillas e fillos.
-Exencións e bonificacións en taxas e prezos nas matrículas ou expedición de títulos no ámbito educativo.
-Preferencia na adxudicación de prazas e redución nas tarifas a aboar nas escolas infantís públicas.
-Preferencia na convocatoria de axudas para a atención de nenas/os de 0-3 anos en escolas infantís non sostidas con fondos públicos, a travé do Cheque infantil.
-Incremento do 20% na categoría xeral e 50% na especial para beneficiarios/as por infortunio familiar.
-Redución das tarifas de transporte por estrada (interurbano), ferrocarril, marítimo e aéreo (dependendo da categoría).
-Beneficios no acceso á vivenda: o Plan de Vivenda 2009-2012 recolle unha serie de particularidades e melloras para as familias numerosas.
-Preferencia nos programas de turismo e termalismo para persoas con discapacidade ou maiores.
-Redución do 20% para a categoría xeral e 50% para a categoría especial da cota de aboamento dos participantes nas viaxes de turismo e quendas de termalismo para persoas con discapacidade subvencionados polo Instituto de Maiores e Servizos Sociais.
-Redución dun 30% sobre o prezo que resulte das estadías nas residencias de Tempo Libre da Consellería de Traballo e Benestar, sitas en panxón (Pontevedra) e Carballiño (Ourense).
-Redución do 50% no prezo de entrada ós museos de titularidade estatal.
-Redución do 50% sobre os prezos relativos ás actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado no programa Campaña de Verán.
-Dedución do 50% da cota tributaria do canon de saneamento para usos domésticos da auga.
-Bono social ou tarifa eléctrica reducida: bonificación na factura eléctrica para persoas consumidoras domesticas.
-Redución do 50% do imposto de matriculación dos automóbiles con capacidade entre 5 e 9 prazas.
-Carné familiar galego.
Para ter dereito as beneficios é imprescindible ter o Título de Famili Numerosa en vigor.


Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA