AXUDAS PERIÓDICAS DE APOIO A MULLERES QUE SOFREN VIOLENCIA DE XÉNERO


RESOLUCIÓN DO 14 DE XANEIRO DE 2011

OBXECTO E FINALIDADE

Esta resolución ten por obxecto establecer as bases que rexerán a concesión de axudas económicas individuais de carácter periódico de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero. A finalidade destas axudas é proporcionarlles apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero para tentar garantirlles unhas condicións suficientes de independencia económica respecto do agresor que lles posibilite dar o primeiro paso ou consolidar a ruptura dunha situación en que corren perigo.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

Ata o 31 de outubro de 2011.


CONTÍA DAS AXUDAS

A contía que poderá acadar esta establécese en función das rendas e ingresos da solicitante da axuda en relación co indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) para o ano 2011, de acordo coas seguintes especificacións:

1.1. Se os ingresos da solicitante son iguais ou inferiores ao IPREM vixente:
a) Con carácter xeral: 600 euros/mes.
b) Con unha/un filla/o menor a cargo ou cando a vítima teña unha discapacidade maior o igual ao 33%: 650 euros mes
.
c) Con unha/un filla/o menor a cargo e esta/e ou a solicitante teñan unha discapacidade maior ou igual ao 33%: 700 euros mes.
d) Con dúas ou máis fillas/os menores a cargo: 700 euros mes.
e) Con dúas ou máis fillas/os menores a cargo e algunha ou algún deles ou a solicitante teñan unha discapacidade maior ou igual ao 33%: 800 euros mes.
f) Con unha/un filla/o menor a cargo e esta/e ou a solicitante teñan unha discapacidade maior ou igual ao 65% ou teñan recoñecido grao de dependencia de acordo coa Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia: 800 euros mes.
1.2. Se os ingresos da solicitante son superiores ao IPREM vixente e iguais ou inferiores a1,5 veces ou IPREM vixente:
a) Con carácter xeral: 300 euros/meses
b) Con unha/un filla/o menor o cargo ou cando a vítima teña unha discapacidade superior ou igual ao 33%: 350 euros mes.
c) Con unha/un filla/o menor a cargo e esta/e ou a solicitante teñan unha discapacidade maior ou igual ao 33%: 400 euros mes.
d) Con dúas ou máis fillas/os menores a cargo: 400 euros/mes
e) Con dúas ou máis fillas/os menores a cargo e algunha ou algún deles ou a solicitante teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33%: 500 euros mes.
f) Con unha/un filla/o menor a cargo e esta/e ou a solicitante teñan unha discapacidade igual ou superior ao 65% ou teñan recoñecido grao de dependencia de acordo coa Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia: 500 euros mes.

REQUISITOS DAS SOLICITANTES

a) Ser muller, maior de idade ou emancipada, vítima de violencia de xénero nunha relación de convivencia.
b) Ter cesado a convivencia co agresor dentro dos doce meses anteriores á data de presentación da solicitude.
c) Estar empadroada e residir na Comunidade Autónoma de Galicia e, no caso das mulleres estranxeiras, ter permiso de residencia.
d) Percibir uns ingresos mensuais iguais ou inferiores a 1,5 veces o IPREM vixente.

NATUREZA DAS AXUDAS E REGRAS PARA O CÁLCULO DA SÚA CONTÍA

A axuda consiste nunha contía económica destinada directamente á beneficiaria, de carácter periódico, ata o máximo de doce mensualidades, sempre que nese período subsistan as circunstancias polas que se concedeu. O cómputo do período comeza o mes da solicitude. No soposto de que a solicitante estivese percibindo ingresos doutras axudas incompatibles con esta e renunciase a elas, detraerase do cómputo total o número de mensualidades coincidentes no período de percepción.

Consideraranse rendas e ingresos computables os bens, dereitos e rendementos derivados do traballo, do capital mobiliario e inmobiliario, incluíndo os incrementos de patrimonio, das actividades económicas e os de natureza prestacional, agás as asignacións económicas da Seguridade Social por filla/o ou menor acollida/o o cargo.

As beneficiarias quedarán incorporadas aos programas de formación, busca activa e mellora do emprego que determine a Secretaría Xeral da Igualdade en colaboración con outras administracións ou entidades.



Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA