PROGRAMA EMEGA 2011

RESOLUCIÓN DO 11 DE XANEIRO DE 2011, DA SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE, POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS QUE REXERÁN AS SUBVENCIÓNS PARA O APOIO AO EMPRENDEMENTO FEMININO (PROGRAMA EMEGA) E SE PROCEDE Á SÚA CONVOCATORIA PARA O ANO 2011

FINALIDADE E RÉXIME DAS AXUDAS

O obxecto desta resolución é fixar as bases reguladoras e a convocatoria pública para o ano 2011, das axudas e subvencións establecidas pola Secretaría Xeral de Igualdade, polo procedemento de concorrencia competitiva, amparados no réxime de minimis, para apoiar o emprendemento feminino e a consolidación de proxectos empresariais liderados por mulleres como medio axeitado para a súa promoción, participación e progresión no mercado laboral, a través das seguintes áreas de actuación:

-Área de actuación I: apoio á posta en marcha de inciativas empresariais por mulleres en forma de primas básicas ao emprendemento, a través dunha achega económica que sirva de compensación ao esforzo económico do primeiro período de actividade e de estímulo para a creación de emprego feminino por conta allea.
-Área de actuación II: apoio á mellora de proxectos empresariais liderados por mulleres en forma de primas especiais que sirvan de incentivo para afrontar un proxecto de mellora caracterizado pola creación de emprego feminino estable e de calidade e a mellora de competitividade.

BENEFICIARIAS

Poderán ser beneficiarias das axudas correspondentes á área de actuación I as mulleres que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que creen o seu propio posto de traballo, partindo dunha situación de desemprego ou inactividade por un período mínimo de tres meses anterior ao día primeiro do mes de inicio de actividade, establecéndose como empresarias autónomas ou sociedades unipersonais.
b) Que constitúan microempresas ou pequenas empresas, baixo calquera forma societaria, incluídas as sociedades civís e comunidades de bens, sempre que:
-Se creen na empresa os postos de traballo de todas as socias ou emprendedoras.
-Polo menos o 50% das mulleres que constitúen a empresa estivesen en situación de desemprego ou inactividade por un período mínimo de 3 meses anterior ao día primeiro do mes de inicio de actividade.
-A administración sexa exercida únicamente por mulleres.
- O capital social pertenza únicamente a mulleres cando se trate de microempresas, ou que maioritariamente estea subscrito por mulleres no caso de pequenas empresas.
c) Que o inicio da actividade empresarial teña lugar entre o 1 de setembro de 2009 e a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
d) Que realicen un investimento mínimo de 6000 euros, deducido o importe correspondente á provisión de fondos.
e) Que realicen as actuacións obxecto de subvención e cumpran os demais requisitos e obrigas establecidas.
f) Que non recibisen con anterioridade axuda dos programas Emega para creación de empresas.

2. Poderán ser beneficiarias das axudas correspondentes á área de actuación II as empresarias autónomas, microempresas e pequenas empresas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que acrediten o cumprimento das condicións sobre o capital social e a administración da empresa establecidas no punto anterior.
b) Que acrediten actividade empresarial, no mesmo sector para o que se proxecta a mellora, ininterrompida entre 2 e 5 anos na data de finalización do prazo de presentación solicitudes.
c) Que non recibisen con anterioridade axuda dos programas Emega para mellora de empresas.
d) Que realicen un investimento mínimo de 6.000 euros, deducido o importe correspondente á provisión de fondos..
e) Que presenten un proxecto de mellora empresarial que supoña a creación, polo menos, dun posto de traballo para unha muller, para o que se esixa capacitación profesional media ou superior e as súas funcións estean vinculadas directamente ás accións do proxecto de mellora.
f) Que o proxecto se materialice a través dalgunha das seguintes accións:
-Proxectos de desenvolvemento de tecnoloxías avanzadas para a obtención de novos produtos ou procesos ou mellora das xa existentes.
-Proxectos de aplicación de novas fórmulas de produción e/ou distribución.
-Proxectos de diversificación de produción e/ou da oferta de produtos ou servizos no marco da mellora de calidade.
-Proxectos de reformulación empresarial para a achega ao mercado de produtos e/ou servizos innovadores ou de especial singularidade.
g) Que realicen as actuacións obxecto de subvención e cumpran os demais requisitos e obrigas establecidas.

3. Todos os postos de traballo que se creen para dar cumprimento ao establecido teñen que estar cubertos por un período mínimo de 5 años e computarase desde que se produzan as altas correspondentes no sistema de Seguridade Social ou mutualidade profesionais, en todo caso, estas altas terán lugar como data límite o 31 de outubro de 2011.

LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

As solicitudes dirixiranse á Secretaría Xeral da Igualdade e presentaranse no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA