PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLAS E FILLOS MENORES DE 3 ANOS 2011


ORDE DO 30 DE DECEMBRO DE 2010


Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarios desta prestación aquelas persoas que teñan fillas e fillos menores de tres anos a data 1 de xaneiro de 2011 e que, por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2009, nin elas nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración polo imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente a este período, nin a tivesen presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso.

No caso do descendentes adoptados ou acollidos entre o 31 de decembro de 2009 e o 31 de decembro de 2010, a prestación concederase durante os tres anos posteriores á data da resolución xudicial ou administrativa que a declare.

Nos supostos de nulidade, separación ou divorcio dos proxenitores, o beneficiario da prestación será o pai ou a nai que teña a custodia dos menores, de acordo co establecido no convenio regulador ou sentenza de separación ou divorcio.

En ningún caso poderán ser beneficiarios os proxenitores privados da patria potestade das súas fillas ou fillos. Tampouco poderán ser beneficiarios aqueles que teñan fillas ou fillos cuxa tutela ou garda asumira unha institución pública.

Requisitos

Será requisito necesario para a concesión de prestación:

-Que os proxenitores teñan a súa residencia habitual en Galicia. No caso de que da documentación presentada se poida deducir que isto non é así, poderán ser requiridos para que acheguen a documentación complementaria que o demostre.
-Que na data da solicitude os menores convivan coa persoa solicitante.

Tipo de axuda e contía

A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos, a contía da prestación será de 360 euros por cada un das fillas ou fillos, sen que o mesmo descendente poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria.

Prazo para a presentación de solicitudes


O prazo de presentación das solicitudes será de corenta días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo fose inhábil, entederase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.



























Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA