PROGRAMA DE ATENCIÓN PSICOLÓXICA A MULLERES VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO E ÁS SÚAS FAMILIAS E PROGRAMA ABRAMOS O CÍRCULO


A Secretaría Xeral de Igualdade e o Colexio Oficial de Psicoloxía asinaron, un ano máis, o convenio de colaboración para a realización dos programas de Atención Psicolóxica a mulleres vítimas de violencia de xénero e ás súas familias, e o programa Abramos o Círculo, destinado a homes con problemas de control de violencia no ámbito familiar.

ATENCIÓN PSICOLÓXICA ÁS VÍTIMAS

O programa está dirixido á mulleres que sufran violencia de xénero coa finalidade de ofertarlles recursos terapéuticos que lles axuden a afrontar a situación e a reforzar a súa autoestima, ademais de ser un apoio na recuperación ou adquisición de habilidades que lles permitan lograr a autonomía e a integración na vida social e laboral, e complementariamente a menores e outras persoas dependentes delas que teñan pasado pola mesma situación.
O programa, que se iniciou no ano 2004, conta cunha rede de profesionais que levan a cabo a súa intervención en toda a CA de Galicia. Así mesmo, préstase un servizo telefónico de asesoramento e derivación para a atención terapéutica personalizada.

ABRAMOS O CÍRCULO

Trátase dun programa de atención psicolóxica especializada e de apoio dirixido a homes que adopten actitudes inadecuadas nas relacións coa súa parella e coa súa familia e que desexan adquirir novos modos de comportamentos exentos de agresividade. Os homes acceden a este programa de forma voluntaria e non poden ter unha condea por malos tratos.
O programa, que se iniciou no ano 2001, ten como finalidade ofertar recursos terapéuticos que abran vías de recuperación a homes que recoñezan ter problemas de control da violencia no ámbito familiar, e ofrece dúas áreas de intervención: información e atención e intervención psicolóxica persoalizada.

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

MEDIDAS DE PREVENCIÓN PARA FACER FRONTE Á CRISE SANITARIA OCASIONADA POLO COVID-19 EN RELACIÓN COA CHEGADA Á COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA DE PERSOAS PROCEDENTES DOUTROS TERRITORIOS