PROTOCOLO SOBRE TRATA DE SERES HUMANOS CON FIN DE EXPLOTACIÓN SEXUAL, ASINADO POLA XUNTA DE GALICIA E A FISCALÍA SUPERIOR DE GALICIA


España, e Galicia con ela, é una país de tránsito do tráfico de persoas con fins de explotación sexual, pero tamén é país de destino, que recibe vítimas que veñen fundamentalmente de Latinoamérica e do este de Europa. De feito, entre 2005 e 2008 desarticuláronse en Galicia 59 redes que traficaban con persoas con fins de explotación sexual, obtendo algunhas delas beneficios de ata 600.000 euros anuais con este comercio. O número de mulleres identificadas e susceptibles de seren vítimas das redes de explotación sexual, nese mismo período, son 1847, téndose detectado no ano 2009 outras 141.
O Protocolo busca axilizar a aplicación dos beneficios de protección ás mulleres vítimas de trata que colaboren coa xustiza na persecución das mafias que as explotan, e tamén pretende modificar o feito de que a maioría das causas contra redes de explotación sexual acaban arquivadas antes de chegar a xuízo oral, pola imposibilidade de conseguir a testemuña das propias vítimas, remisas a testificar ante as ameazas e coacción das mafias.



Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

MEDIDAS DE PREVENCIÓN PARA FACER FRONTE Á CRISE SANITARIA OCASIONADA POLO COVID-19 EN RELACIÓN COA CHEGADA Á COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA DE PERSOAS PROCEDENTES DOUTROS TERRITORIOS