AXUDAS Á CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL COMO MEDIDA DE FOMENTO DA CORRESPONSABILIDADE

RESOLUCIÓN DO 5 DE MAIO DE 2011, DA SECRETARIA XERAL DA IGUALDADE

Obxecto e réxime das axudas

O obxecto da presente resolución é a convocatoria e regulación do réxime de concesión de axudas económicas a aqueles traballadores que entre o 1 de setembro de 2010 e o 30 de abril de 2011 se acolleran a unha redución da súa xornada de traballo para o coidado do seu fillo/a.
O outorgamento das axudas realizarase a través da modalidade de pagamento único e de forma continuada ata esgotar o crédito orzamentario consignado para estes efectos, segundo a orde de recepción de solicitudes e baixo os principios de publicidade, transparencia, obxectividade, igualdade e non discriminación.

Persoas beneficiarias

a) Homes que se acollan á redución de xornada regulada nesta resolución e sexan traballadores por conta allea, tanto da empresa privada como das administracións públicas, organismos sutónomos, entes públicos de dereito privado e empresas públicas dependentes delas, con independencia de que o seu vínculo sexa laboral, funcionarial ou estatutario e os socios das sociedades cooperativas sempre que estes últimos pertenzan ao réxime xeral da Seguridade Social.
b) Familias monoparentais nas que a persoa solicitante, home ou muller, sexa traballadora por conta allea e se acolla á redución de xornada á que se alude nesta resolución.

Requisitos


a) As persoas solicitantes deberán estar inscritas no padrón de calquera municipio dos integrados no territorio da comunidade autónoma galega, polo menos cun ano de antelación á presentación da solicitude de subvención.
b) Convivir co/a fillo/a na data da solicitude.
c) No caso das familias non monoparentais, o outro membro da unidade familiar deberá ser traballador/a por conta allea ou ben autónomo/a e manter esa situación durante todo o período subvencionado. Entederase cumprido este requisito cando, habendo períodos non traballados, a suma destes non supere o 5% do período subvencionado.
En ningún caso poderán ser beneficiarios os proxenitores privados da patria potestade dos seus fillos/as, ou se a súa tutela ou garda fora asumida por unha institución pública.

Accións subvencionables

As axudas serán concedidas aos traballadores que, entre o 1 de setembro de 2010 e o 30 de abril de 2011, se atopasen en situación de redución da xornada de traballo para o coidado dun/unha fillo/a menor de tres anos. Para ser subvencionable a dita redución deberá ter unha duración mínima de 60 días naturais ininterrompidos e comprendidos no período anteriormente citado.
Tamén poderán acollerse a esta axuda os traballadores que adopten un/unha menor ou o/a teñan en situación de acollemento familiar, nas modalidades de acollemento familiar permanente ou acollemento familiar preadoptivo.
A idade do/a fillo/a poderase ampliar ata os 12 anos no suposto de que o/a menor padeza unha discapacidade recoñecida de porcentaxe igual ou superior ao 33%.
Non suposto de fillos/as adoptados/as ou menores en réximen de acollemento familiar, non se terá en conta a data de nacemento, pero para ter dereito a axuda non poderán ter transcorrido máis de tres anos dende a data da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou da resolución xudicial pola que se constitúe a adopción. En calquera caso o/a fillo/a polo/a que se solicita a axuda terá que ser menor de 12 anos.
En ningún caso o período para o que se solicita a subvención pode coincidir co permiso por maternidade nin con calquera outro permiso, licenza ou excedencia para a mesma finalidade.

Contía das axudas

Será en función da porcentaxe de redución de xornada laboral que se solicite, da duración desta e do número de fillas/os a cargo da persoa solicitante, sendo considerados para o seu establecemento os seguintes tramos:
a) Cando a redución de xornada sexa de ata o 15% da xornada laboral e a súa duración se estenda á totalidade do período subvencionable (8 meses):
1. 1.600 euros se é a/o primeira/o filla/o.
2. 1.900 euros se é a/o segunda/o filla/o ou se son xemelgas/os.
3. 2.200 euros se é a/o terceira/o filla/o ou se son trixemelgas/os.

b) Cando a redución de xornada sexa superior ao 15% e ata o 33,33% da xornada laboral e a súa duración se estenda á totalidade do período subvencionable (8 meses):
1. 2.700 euros se é a/o primeira/o filla/o.
2. 3.000 euros se é a/o segunda/o filla/o ou se son xelmegas/os.
3. 3.300 euros se é a/o terceira/o filla/o ou se son trixemelgas/os.

c) Cando a redución de xornada sexa superior ao 33,33% da xornada laboral e a súa duración se estenda á totalidade do período subvencionable (8 meses):
1. 3.000 euros se é a/o primeira/o filla/o.
2. 3.300 euros se é a/o segunda/o filla/o ou se son xemelgas/os.
3. 3.600 euros se é a/o terecira/o filla/o ou se son trixemelgas/os.

O prazo para presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOGA.

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA