LETRAS GALEGAS 2011: LOIS PEREIRO

"Tristemente convivo coa túa ausencia
 sobrevivo á distancia que nos nega
 mentres bordeo a fronteira entre dous mundos
 sen decidir cal deles pode darme
 a calma que me esixo para amarte
 sen sufrir pola túa indiferencia
 a miña retirada preventiva
 dunha batalla que xa sei perdida
 resolto a non entrar xamais en ti
 pero non á tortura de evitarte".
Pincha aquí pra ver MUNDO LOIS
Trátase un espectáculo baseado en textos do poeta monfortino e dirixido por Lino Braxe, con escenografía audiovisual de Manu Paz e Antón Reixa, e a banda sonora de Alexandro González. MUNDO LOIS xorde da idea de Antón Reixa, amigo persoal do autor Lois Pereiro, a quen se lle adica o día das Letras Galegas, de elaborar un espectáculo escénico cun importante peso audiovisual que universalice, non só a través da palabra senón tamén da imaxe, a obra poética de Lois.
 
 
Comentarios