SECRETARIA XERAL DE IGUALDADE AXUDAS ANPAS


RESOLUCIÓN DO 19 DE MAIO DE 2011 DA SECRETARIA XERAL DE IGUALDADE POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES E SE CONVOCAN AXUDAS PARA A REALIZACIÓN, POLAS ASOCIACIÓNS DE NAIS E PAIS DO ALUMNADO, NOS CENTROS EDUCATIVOS DE GALICIA SOSTIDOS POR FONDOS PÚBLICOS, DE PROGRAMAS DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES QUE TEÑAN COMO FIN FACILITAR A CONCILIACIÓN DA VIDA LABORAL E FAMILIAR.

Accións subvencionables

1. Poderá ser obxecto de subvención ao abeiro desta convocatoria a organización e realización de programas de actividades extraescolares dirixidas ao alumnado de educación infantil, primaria e de centros de educación especial. O programa proposto deberá desenvolverse de luns a venres e fóra do horario lectivo. En caso de non acadar esta periodicidade será necesario acreditar a realización doutras actividades que cubran as necesidades de conciliación nos días correspondentes.
2. Cada unha das actividades que formen parte do programa deberá cumprir os seguintes requisitos:

a) Deberá dirixirse obrigatoriamente a un mínimo de 10 alumnas/os, agás naqueles casos debidamente xustificados, nos cales polas características do contexto ou do centro docente, sexa imposible acadar o mínimo establecido.
b) A súa oferta deberá iniciarse como data límite o 3 de outubro de 2011 e rematar coincidindo coa finalización do período lectivo do curso escolar 2011-2012.
c) Desenvolverase nas dependencias do centro, entre un mínimo dumha hora e un máximo de dúas horas diarias.
d) Deberá fomentar o desenvolvemento integral das persoas e a igualdade entre os xéneros feminino e masculino e establecer expresamente como se atenden as necesidades das nenas e nenos con dicapacidade.
e) Centrarase, fundamentalmente, en aspectos lúdicos, artísticos, culturais (teatro, danza, música, pintura, idiomas,etc.) tecnolóxicos e deportivos.
Queda expresamente excluído a prestación do servizo de comedor.


Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA