AXUDAS DESTINADAS A FOMENTAR O ASOCIACIONISMO E A PARTICIPACIÓN DAS MULLERES


RESOLUCIÓN DO 19 DE MAIO DE 2011, DA SECRETARIA XERAL DE IGUALDADE, POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES QUE REXERÁN O PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN DE AXUDAS ECONÓMICAS DESTINADAS A FOMENTAR O ASOCIACIONISMO E A PARTICIPACIÓN DAS MULLERES E SE PROCEDERÁ Á SÚA CONVOCATORIA.

ACCIÓNS E GASTOS SUBVENCIONABLES

Liña 1: Consolidación do movemento asociativo

1.1. Accións subvencionables
Gastos derivados do funcionamento ordinario da entidade.
1.2.Gastos subvencionables
Terán a consideración de subvencionables os gastos que orixine o mantemento ou funcionamento destas entidades, entre outros:
a) Aluguer do local onde se sitúe a sede social da asociación ou federación.
b) Gastos de administración xeral e material funxible de oficina e ofimático, gastos de correos e outros análogos.
c) Persoal administrativo contratado pola asociación.
d) Obras de conservación e mantemento e pequenas reparacións que non teñan o carácter de inventariables por no implicaren incremento do valor patrimonial da sede social.
e) Asesoramento xurídico, fiscal e contable da asociación.
f) Subministracións de auga, electricidade e similares relativos ao local da sede social, así como gastos da liña telefónica.
g) Instalacións de liñas ADSL, mantemento de equipos informáticos e creación ou mantemento da páxina web da asociación ou federación.

Liña 2: Promoción de hábitos de vida saudables

2.1. Accións subvencionables
Desenvolvemento de actividades dirixidas a:
a) Promoción do exercicio físico: ximnasia, ioga, tai chi, pilates, entre outros.
b) Promoción de hábitos alimenticios saudables: obradoiros, conferencias e actividades sobre cociña saudable, dietas equilibradas, consellos médicos e pautas de alimentación.
c) Prevención de enfermidades crónicas prevalentes nas mulleres e estímulo de condutas de autocoidado, tanto físico como psicolóxico: obradoiros, conferencias e outras actividades de prevención.
Cada entidade só poderá presentar solicitude de subvención para un máximo de tres actuacións de promoción de hábitos de vida saudables.

2.2. Gastos subvencionables
a) Persoal necesario para a execución das actividades.
b) Gastos de relatoras/es: honorarios, aloxamento, transporte.
c) Gastos derivados da realización do programa ou actividade subvencionados:
-Elaboración de materiais.
-Gastos de publicidade e propaganda.
-Material de oficina.
d) Outros gastos correntes.
As axudas previstas non poderán en ningún caso superar a contía de 6.000 euros por entidade. No caso da liña 2 establécese, ademais, un límite de 2.000 euros por actividade.






Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA