LUZ DE LUCIÉRNAGAS

"Luz de luciérnagas" é unha páxina que nace de man de tres mulleres que proveñen dos ámbitos da investigación sociolóxica, da antropoloxía social e a informática, co obxectivo de amosar os valores que se transmiten nas películas infantís de modo que nais e pais dispoñan dunha ferramenta que lle proporcione claves de análise e así poder decidir que película e máis idónea para o seu fillo/a súa filla. Non se trata dunha páxina de crítica á calidade do guión, senón de análise dos valores que se transmiten en relación coa igualdade entre mulleres e homes, interculturalidade, ecoloxismo, resolución pacífica de conflitos e igualdade interxeneracional.
Para as/os profesionais da educación supón un espazo máis de aprendizaxe e intercambio sobre a educación en valores.
No seu conxunto, esta páxina intenta contribuír a cambiar a mirada e intentar que se faga un cine diferente e respectuoso coa igualdade entre mulleres e homes e cos valores básicos que contribúen a formar a nosa humanidade.
www.luzdeluciernagas.com

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

MEDIDAS DE PREVENCIÓN PARA FACER FRONTE Á CRISE SANITARIA OCASIONADA POLO COVID-19 EN RELACIÓN COA CHEGADA Á COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA DE PERSOAS PROCEDENTES DOUTROS TERRITORIOS