MEDIACIÓN FAMILIAR


LEI 3/2011, DO 30 DE XUÑO, DE APOIO Á FAMILIA E Á CONVIVENCIA DE GALICIA

Enténdese por mediación familiar o procedemento de carácter voluntario dirixido a facilitar a comunicación entre os membros da familia co fin de que xestionen por si mesmos unha solución aos conflitos que os afecten coa intervención dunha persoa mediadora, quen actuará de forma neutral, imparcial e confidencial.

FINALIDADES

a) A procura común de solucións satisfactorias e duradeiras no tempo.
b) Minimizar o custo emocional que todo conflito produce en todos os membros da familia.
c) Restablecer e/ou mellorar as relacións, presentes e futuras, entre as partes en conflito.
d) Evitar a instrumentalización dos demais membros da familia, e, en especial, das e dos menores.
e) Asegurar a protección do interese superior da ou do menor e do seu benestar.
f) Favorecer a responsabilidad parenteral compartida.

REDE DE RECURSOS

A Xunta de Galicia potenciará e desenvolverá unha rede de recursos axeitados para garantir a efectividade dos procesos de apoio familiar e mediación para que esten poidan chegar aos sectores de poboación máis amplos posible, tanto a través das novas tecnoloxías como na modalidade de atención presencial.
En concreto, a través dos departamentos competentes en materia de familia e xustiza, constituirá servizos de apoio e atención ás familias a través das tecnoloxías da información e comunicación e promoverá, reforzará e ampliará os servizos de orientación familiar, ed mediación e os puntos de encontro familiar.

Comentarios

Entradas populares de este blog

“CÓIDAME”. ATENCIÓN Á INFANCIA

MEDIDAS DE PREVENCIÓN PARA FACER FRONTE Á CRISE SANITARIA OCASIONADA POLO COVID-19 EN RELACIÓN COA CHEGADA Á COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA DE PERSOAS PROCEDENTES DOUTROS TERRITORIOS

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)