IGUALDADE OFRECE UN SERVIZO DE TELETRADUCIÓN 50 IDIOMAS AOS CIM, ONGs E CASAS DE ACOLLIDA


Os CIMs de Galicia, as casas de acollida que asisten a vítimas de violencia de xénero e as ONGs que desenvolven a súa actividade solidaria neste eido, van poder incorporar un servizo de teletradución a 50 idiomas, que lles ofrece gratuítamente a Secretaría Xeral de Igualdade.

A teletradución está pensada para dar apoio a unha parte da poboación que ten dificultades engadidas para acceder aos recursos existentes, formada polas mulleres inmigrantes residentes en Galicia. A través desta plataforma de teletradución, estas mulleres terán a seguridade dun acceso axeitado á información e aos recursos dispoñibles, sobre atención psicolóxica, prestacións económicas, centros de acollida ou asesoramento xurídico.

O sistema permite ás usuarias comunicarse telefónicamente cunha intérprete, desde calquera centro no que se atope, ban sexa un CIM, unha casa de acollida ou calquera entidade adherida; así como o establecemento de chamada a tres, para que interactúen a usuaria, a persoa profesional da entidade e a intérprete.

A Secretaría Xeral de Igualdade ofrece ás entidades dun xeito gratuíto este servizo de teletradución que garante a confidencialidade e estará operativo con carácter inmediato, unha vez que as entidades interesadas formalicen a súa solicitude.

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

MEDIDAS DE PREVENCIÓN PARA FACER FRONTE Á CRISE SANITARIA OCASIONADA POLO COVID-19 EN RELACIÓN COA CHEGADA Á COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA DE PERSOAS PROCEDENTES DOUTROS TERRITORIOS