"LIBRO BLANCO DAS MULLERES NA CIENCIA ESPAÑOLA"

Aínda que o 60% das personas tituladas na universidade española son mulleres e estas gradúanse con mellores expedientes que os varóns, só o 23% do profesorado de investigación do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e o 15% das cátedras de universidade están ocupadas por mulleres. É un dos datos que rebela o "Libro Branco sobre a situación das mulleres na ciencia española", elaborado pola Unidade de Mulleres e Ciencia do Ministerio de Ciencia e Innovación.

O Libro Branco, que analiza a evolución da presenza feminina no sistema científico español entre 1998 e 2007, tamén constata que nos últimos 20 anos a procentaxe de catedráticas só aumentou nun 6%.

Segundo declaracións da ministra Cristina Garmendia "hai que incidir nas causas de tipo estructural, nos estereotipos e prácticas institucionais e personais que xeneran sesgos e barreiras cuxos efectos negativos para as carreiras das mulleres son moi reais".

A experiencia internacional amosa, en opinión da ministra, que, "sen medidas activas a presenza de mulleres no sistema científico non só non avanza en proporción ao número de mulleres cualificadas para acceder aos postos máis altos da carreira, senon que, nalgúns casos e momentos, mesmo pode retroceder".

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA