RD 1620/2011, DE 14 DE NOVEMBRO, POLO QUE SE REGULA A RELACIÓN LABORAL DE CARÁCTER ESPECIAL DO SERVIZO DO FOGAR FAMILIAR


PREGUNTAS MÁIS FRECUENTES SOBRE A INTEGRACIÓN DO RÉXIME ESPECIAL DE EMPREGAD@S DE FOGAR NO RÉXIME XERAL

É necesario realizar un mínimo de horas para estar incluido no novo Sistema Especial de Empregad@s de Fogar?

Calquera que sexa o número de horas que un traballador/a realica para cada empleador, a inclusión no Sistema Especial e obrigatoria, sendo o empregador o suxeito responsable de solicitar o alta do traballador e comunicar a retribución mensual que abona ao mesmo.

Cada vez que varíe a retribución que se abona ao traballador hai que comunicalo á Tesourería Xeral da Seguridade Social?

Si, a variación da retribución mensual debe comunicarse no prazo de 6 días desde que se produciu.

Como se efectuará o ingreso das cotas?

O ingreso das cotas no Sistema Especial dos/as Empregad@s de Fogar corresponde ao empleador, que deberá facelo efectivo mediante o procedemento de domiciliación bancaria. Non se deberá cumprimentar ningún boletín de cotización.

É obrigatoria a cotización por AT e EP?

É obrigatoria e vai a cargo integramente do empleador. A cota a ingresar é o resultado de aplicar á base de cotización os tipos correspondentes á CNAE 97. Esta cota ingrésase conxuntamente coa de continxencias comúns a través do sistema de domiciliación en conta e calcúlase pola Tesourería Xeral da Seguridade Social. Non é preciso que o empleador confeccione boletín algún.

Hase de cotizar pola continxencia de desemprego?

Ata o momento non está previsto xa que a lei 27/2011, de 1 de agosto sobre actualización, adecuación e modernización do sistema de Seguridade Social, que na súa disposición adicional trixésima novena establece a integración do Réxime Especial de Empregad@s de Fogar no Réxime Xeral non contempla a cobertura de desemprego neste Sistema Especial.

Na miña casa presta servizos domésticos con carácter de fixa unha persoa que actualmente está de alta no Réxime Especial de Empregad@s de Fogar. Que debo facer desde o día 1 de xaneiro de 2012?

Debe comunicar a Tesourería Xeral da Seguridade Social o cumprimento das condicións determinantes da inclusión no novo Sistema Especial. Para iso debe dispor dun Código de Conta de Cotización novo no que dar de alta á persoa, podendo utilizar o modelo "TA.HOGAR" que pode presentar en calquera Administración da Seguridade Social.

Na miña casa presta servizos domésticos unha persoa que traballa determinadas horas ao mes. Ademais traballa noutras casas. A efectos da Seguridade Social está de alta como traballadora discontinua ingresando ela as súas cotizacións. Teño algunha obrigación respecto da mesma a partir do día 1 de xaneiro de 2012?

O/a empleador/a debe proceder a dar de alta no novo Sistema Especial á persoa que presta os servizos, declarando a retribución mensual que abona á mesma. Para iso debe solicitar un código de Conta de Cotización cumprimentando o modelo TA 6 ou TA 7, así como solicitar o alta do/a traballador/a mediante o modelo TA 2/S 0138, presentándoo en calquera Administración da Seguridade Social ou a través de Rexistro Electrónico. Igual obrigación incumbe ao resto de titulares de fogar familiar para os que preste servizos.

Na miña casa presta servizos domésticos unha persoa que non está actualmente de alta no Réxime Especial de Empregad@s de Fogar debido a que o número de horas de prestación do servizo non é suficiente para a súa inclusión no mesmo.
Debo darlle de alta o día 1 de xaneiro de 2012?

No novo Sistema Especial é determinante a retribución mensual e non o número de horas. O titular do fogar familiar debe de proceder a dar de alta no novo Sistema Especial á persoa que presta os servizos, declarando a retribución mensual que abona á mesma. Para iso debe solicitar un código de Conta de Cotización cumprimentando o modelo TA 6 ou TA 7, así como solicitar o alta do/a traballador/a mediante o modelo TA 2/S 0138, presentándoo en calquera Administración da Seguridade Social ou a través de Rexistro Electrónico. I


Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

MEDIDAS DE PREVENCIÓN PARA FACER FRONTE Á CRISE SANITARIA OCASIONADA POLO COVID-19 EN RELACIÓN COA CHEGADA Á COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA DE PERSOAS PROCEDENTES DOUTROS TERRITORIOS