AXUDAS E SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DO EMPREGO A TRAVÉS DOS PROGRAMAS DE COOPERACION 2012


ORDE DO 29 DE FEBREIRO DE 2012 DA CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR


OBXECTO E FINALIDADE

Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a convocatoria pública en réxime de concorrencia competitiva, das axudas e subvencións que, baixo a rúbrica xeral de programas de cooperación, están destinadas ao financiamento de accións de fomento de emprego en colaboración coas entidades locais a través da contratación de persoas traballadoras desempregadas e mulleres vítimas de violencia para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social (procedemento TR351A), co obxecto de proporcionarlles a experiencia e práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral.

FINANCIAMENTO

O financiamento destes programas efectuarase con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2012, a través dos créditos consignados na aplicación 12.04.322A.460.0 (CP 2012 00 578) polo importe global de 45.132.082 euros.

ENTIDADES BENEFICIARIAS

Poderán ser beneficiarias das axudas e subvencións previstas nesta orde os concellos e as mancomunidades de concellos, os consorcios locais e as entidades locais menores sempre que todos eles dispoñan de capacidade técnica e de xestión suficientes para a execución dos correspondentes proxectos.

Para poder ser beneficiarias destas axudas, as entidades solicitantes deberán asumir o compromiso de garantir a inserción laboral posterior de, cando menos, as seguintes persoas traballadoras desempregadas participantes no proxecto, en función do número de prazas solicitadas e concedidas:

a) Unha para o caso das entidades cunha concesión entre 1 e 10 prazas.

b) Dúas para o caso das entidades cunha concesión entre 11 e 20 prazas.

c) Tres para o caso das entidades cunha concesión superior a 20 prazas.

Con carácter xeral, considerarase que a inserción laboral se acadará cando a persoa desempregada participante no programa sexa contratada como traballador ou traballadora por conta allea por unha duración non inferior a seis meses ou se acredite a súa constitución en traballadores ou traballadoras autónomos ou por conta propia polo mesmo período.








Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA