PATINANDO O CAMIÑO


Patinando o Camiño é un proxecto audiovisual no que Anuska Gil percorrerá en patíns o Camiño dende Roscenvalles a Santiago de Compostela, homenaxeando a mulleres que destacan pola súa solidariedade e labor humanitario. O traxecto realizarase durante o mes de maio en 29 etapas e, ao chegar a Santiago, entregarase ao Apóstolo unha capa confeccionada coas diferentes achegas das persoas que se encontren no camiño, como símbolo de unión.

Este proxecto xorde da vontade, en tempos de crise, de dar unha visión optimista do mundo e foi posto en marcha en tan só tres meses co esforzo dos seus creadores. Este reto é unha idea de Anuska Gil, realizadora audiovisual, patinadora e fundadora de Rollerfilms, en colaboración co recoñecido guionista e director de Ars-Media, Valentín Fernández-Tubau, e a xornalista e guionista Laura Bermejo. O proxecto tamén conta con Paulino Nohales, realizador e editor.

Patinando o Camiño é unha aventura que ata a data logrou espertar o entusiasmo de decenas de persoas e entidades que se sumaron patrocinando o proxecto de diferentes maneiras. Entre estes colaboradores encóntranse Medialúa, que fará os "agasallos" das mulleres que serán homenaxeadas, e a empresa Lunasboda, que será a encargada de facer "a capa" símbolo de unión e fraternidade. Ademais, apoiarán activamente a experiencia os concellos de Santiago de Compostela, Estella, Santo Domingo de la Calzada, Astorga, Virxe do Camiño, Burgos e Roncesvalles, entre outros. Tamén sumaron o seu apoio a Secretaria de Igualdade da Xunta de Galicia, o Xacobeo, Santiago de Compostela Film Commission, AFAEMME (Federación de Aociacións de Empresarias do Mediterráneo) e empresas como Fes Consultoría Empresarial S.L., Jomiba, o Mosteiro San Zoilo, o Hotel Sarria de Atapuerca, o Hotel Vía da Prata, Embutidos San Juan e decenas de particulares.

Na preparación de Anuska Gil para este gran reto colaboraron Andrés Villar, alpinista e garda civil, que fixo o Camiño de Santiago en 2010 en patíns desde Toulouse a Santiago de Compostela en 11 días, e Pablo Comendador Gil, campión galego absoluto nos 60 metros lisos en 2012 e posuidor da mellor marca galega absoluta nos 60 metros lisos.

Anuska é a primeira muller en facer o Camiño de Santiago patinando e conta no seu currículo con outros proxectos singulares, como competir en patíns na carreira ciclista de 92 quilómetros de Londres a Brighton en 2008 ou ser animadora lúdico-cultural da Vila Olímpica das Olimpiadas de Atlanta 96.

A promotora do proxecto conta entre os seus antepasados con personalidades que contribuíron ao recoñecemento das mulleres no século pasado. Máis concretamente, o seu bisavó, o recoñecido doutor Miguel Gil Casares coa súa iniciativa a que se autorizara a que as mulleres puidesen cursar os seus estudos de Maxisterio en Santiago de Compostela, onde non había Escola Feminina, e así, non se ter que desprazar a outras localidades. Moitos anos despois, a súa bisneta é a que se desprazará centos de quilómetros en patines para contribuir a unha maior visibilidade da muller na sociedade actual.

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA