CONVOCATORIA DE ESTADÍAS DE TEMPO LIBRE PARA MULLERES SOAS CON RESPONSABILIDADES FAMILIARES NON COMPARTIDAS


RESOLUCIÓN DO 11 DE ABRIL DE 2012, DA SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE, pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas.


FINALIDADE

Facilitar ás mulleres que teñan fillas ou fillos menores exclusivamente ao seu cargo un espazo e un tempo desligado da súa situación habitual e no cal poidan intercambiar experiencias a través da convivencia nun espazo de lecer.

PRAZAS

Convócanse ata un máximo de 95 prazas para mulleres con fillas e /ou fillos ao seu cargo, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

DURACIÓN

As estadías terán unha duración entre sete e dez días, en réxime de pensión completa, preferentemente entre finais do mes de xuño e principios do mes de xullo.

CONDICIÓNS ECONÓMICAS

Os gastos de aloxamento, manutención, monitoras e transporte desde o seu concello serán gratuitos para as persoas beneficiarias, e serán por conta da Secretaría Xeral de Igualdade.

REQUISITOS

a) Ter fillas ou fillos exclusivamente ao seu cargo con idades comprendidas entre os 2 e os 12 anos.
b) Estar domiciliadas na Comunidade Autónoma e, no caso de mulleres estranxeiras, ter permiso de residencia ou tarxeta de réxime comunitario, segundo o caso.
c) Dispoñer dunha renda mensual que , tendo en conta todos os ingresos do conxunto da unidade familiar, dividida polo número de membros que a compoñen, no supere o Salario Mínimo Interprofesional (SMI).
d) Non padecer ela, nin as fillas ou fillos que a acompañen, unha enfermidade que requira illamento e/ou que impida a normal convivencia.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 18 de maio de 2012.

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA