IGUAIS ANTE TODO

A Secretaría Xeral da Igualdade ven de editar o multimedia educativo Iguais ante todo, iguais para todo, un material de sensibilización que ten como obxectivo que a mocidade de Galicia adquira destrezas para a construción dunha identidade libre de estereotipos e a toma de decisións académicas e profesionais libres do sesgo de xénero.
Este recurso está deseñado para dotar aos mozos e mozas de maior autonomía na construción da súa personalidade, que faga posible unha elección dos estudos, sen estereotipos, baseada nas capacidades e motivacións persoais e a asunción corresponsable das tarefas de mantemento do fogar. A Secretaría Xeral da Igualdade ten previsto distribuir 1.000 unidades do material entres os centros educativos de Galicia, baixo demanda.
O multimedia está pensado para ser utilizado en grupo e propiciar a reflexión sobre a vixencia dos estereotipos de xénero nos diferentes ámbitos da sociedade, que favoreza a análise e o debate da realidade sobre a materia. O multimedia aborda, cun formato atractivo, aspectos como a socialización diferencial por xénero, as desigualdades no reparto de tarefas domésticas, as diferencias na elección académica e profesional en función do sexo ou a segregación do mercado laboral. Mediante sinxelas preguntas e exercicios de reflexión baseados na experiencia cotiá e na observación da realidade, a metodoloxía invita ás persoas usuarias do xogo a facer unha lectura crítica de hábitos e estruturas de pensamento que persisten e que restan competitividade á sociedade.
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, sinalou que a teor das estatísticas hai moito espazo para a intervención para unha toma de decisións académico-profesionais non sexista por parte do alumnado. Entre outros datos, puxo de relevo que na elección de carreira universitaria, un 77% de alumnas cursan estudos de ciencias da saúde fronte e un 33,2% matriculadas en carreiras do ámbito tecnolóxico. E na formación profesional, citou como ejemplos que un 2% de mulleres cursan estudos de "Mantemento de vehículos autopropulsados” e un 2,6% en "Electricidade e electrónica" fronte a un 91% de mulleres matriculadas en "Servizos socioculturais e á comunidade" e un 96,2% en "Imaxe persoal".
Son estatíticas do conxunto de España, pero as porcentaxes en Galicia son moi similares. Como exemplos, Susana López Abella citou datos do Informe sobre Elección de estudos de Enxeñería, realizado pola Universidade de Vigo en 2011 e financiado pola Secretaría Xeral da Igualdade, que conclúe que as enxeñerías están lonxe do universo vital das alumnas. Case a metade das mulleres pensa que as enxeñerías non son un traballo axeitado para elas. E, a pesares de que as mulleres obteñen mellores cualificacións que os seus compañeiros, perciben que as súas notas non abondan para optar a unha carreira de enxeñería e só un 30% considera que podería superar estes estudos. Un 68% das mulleres rexeita a elección dunha carreira de enxeñería e un 82% rexeita unha carreira tecnolóxica.
   

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA