11 DE OUTUBRO.DÍA INTERNACIONAL DA NENA


Tema 2012: Rematar co matrimonio infantil

O 19 de decembro de 2011, a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Resolución 66/170 na que declaraba o de outubro como o Día Internacional da Nena, co obxetivo de recoñecer os dereitos das nenas e os problemas excepcionais que as nenas confrontan en todo o mundo.
Para a súa primeira celebración, o Día deste ano centrarase no matrimonio na infancia, que é unha violación fundamental dos dereitos humanos e afecta  a todos os aspectos da vida da nena. O matrimonio na infancia denega ás nenas a súa infancia, interrumpe a súa educación, limita as súas oportunidades, aumenta o risco de violencia e abuso, pon en perigro a súa saude e polo tanto constitúe un obstáculo para a consecución de casi todos os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM) e o desenvolvemento saudable das comunidades.

Os gobernos, en colaboración coa sociedade civil e a comunidade internacional, están chamados a tomar medidas urxentes para poñer fin á práctica do matrimonio na infancia, así como para:
  • Promulgar e facer cumplir leis adecuadas co fin de aumentar a idade mínima de matrimonio para as nenas aos 18 anos e concienciar á opinión pública sobre o matrimonio na infancia como unha violación dos dereitos humanos das nenas.
  • Mellorar o acceso a unha educación primaria e secundaria de boa calidade, asegurando que se eliminen as brechas de xénero na educación.
  • Movilizar ás nenas, nenos, pais, líderes e activistas para cambiar as normas sociais nocivas, promover os dereitos das nenas e crear oportunidades para elas.
  • Apoiar ás nenas que xa están casadas, proporcionándolles educación, servicios de saude sexual e reproductiva, destrezas, oportunidades, medios de vida e a posibilidade de recurrir á xustiza nos casos de violencia no fogar.
  • Abordar as causas subxacentes do matrimonio na infancia, incluida a discriminación de xénero, o valor reducido que se otorga ás nenas, a pobreza, ou as xustificacións relixiosas e culturales.

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

MEDIDAS DE PREVENCIÓN PARA FACER FRONTE Á CRISE SANITARIA OCASIONADA POLO COVID-19 EN RELACIÓN COA CHEGADA Á COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA DE PERSOAS PROCEDENTES DOUTROS TERRITORIOS