CAMPAÑA CORAZÓN AZUL

 

España é o primeiro país de Europa de tránsito de mulleres vítimas de trata e o terceiro do mundo en consumo de prostitución. Un 32,1% dos homes españois recoñecen consumir sexo de pago e ao redor do 90% da prostitución consumida en Galicia está controlada por mafias. Estes son algúns dos datos que reflicten a dimensión dun negocio do que se alerta á comunidade internacional coa celebración o 18 de outubro do Día europeo contra a trata de seres humanos, mediante a campaña Corazón Azul, promovida pola ONU. 
 



 
A campaña Corazón Azul simboliza o drama das vítimas e a insensibilidade das persoas que compran e venden seres humanos e quere ser un icono internacional da loita contra a trata. Ten como obxectivo loitar contra a trata de persoas, mediante accións que promovan unha participación masiva e unha maior sensibilización social e solidariedade coas vítimas de trata. As persoas interesadas poden adherirse á campaña a través de facebook ou contactando con calquera das entidades especializadas na atención ás mulleres vítimas de explotación sexual e colaboradoras da campaña en Galicia, que son a Asociación Faraxa, a Asociación da Comisión Católica Española de Migración (ACCEM), Médicos do Mundo, Cáritas de Santiago e de Ourense, Adoratrices de Ourense, Asociación Ecos do Sur e Relixiosas Oblatas de Ferrol.



Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA