BOLSEIR@S







INSTITUTO NACIONAL DE ESTADÍSTICA

O Instituto Nacional de Estadística convoca cinco bolsas coa finalidade de fomentar e promover a investigación estatística, así como o desenvolvemento e implantación de procesos estatísticos, mediante a formación de postgraduados. O período de disfrute de cada unha das bolsas será de 12 meses, iniciándose o primeiro día do mes seguinte á comunicación da concesión da bolsa.
Requisitos das solicitudes: título de licenciado, enxeñeiro ou arquitecto, ou de Grao, que deberá terse obtido durante os  tres anos anteriores á data da convocatoria da bolsa.
Prazo: 3 de decembro de 2012.
Información: BOE do 15 de novembro de 2012.

INSTITUTO NACIONAL DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

O INAP convoca seis bolsas destinadas a tituladas/os universitarias/os na rama de Ciencias Sociais e Xurídicas, e dúas destinadas a tituladas/os universitarias/os nas áreas de Biblioteconomía e Documentación, para formarse e levar a cabo tarefas de apoio relativas ás liñas principais de investigación no INAP.
A contía individual da bolsa será de 1.300 euros mensuais. 
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 28 de novembro de 2012.
Información: BOE do 10 de novembro de 2012
                      www.inap.es

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

MEDIDAS DE PREVENCIÓN PARA FACER FRONTE Á CRISE SANITARIA OCASIONADA POLO COVID-19 EN RELACIÓN COA CHEGADA Á COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA DE PERSOAS PROCEDENTES DOUTROS TERRITORIOS