VOLUNTARIADO E VIOLENCIA DE XÉNERO


A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e da Secretaría Xeral de Igualdade, vén de poñer en marcha un programa de voluntariado en materia de violencia de xénero, que xa conta con preto de 1.000 inscritos no primeiro curso básico.

Tratase do primeiro programa destinado a crear unha bolsa de voluntarios e voluntarias que estarán a disposición dos servizos especializados, co obxectivo de realizar tarefas de acompañamento, apoio e información ás mulleres vítimas de violencia de xénero. Deste xeito, os participantes estarán ao servizo da Rede Galega de Acollemento a Vítimas da violencia de xénero -formada polas casas de acollida e o centro de emerxencia- e da Rede de Centros de Información a Muller.

Os voluntarios e voluntarias contribuirán nas accións informativas para que as mulleres vítimas de violencia de xénero coñezan como actuar para a súa protección, ao mesmo tempo que exercerán labores de acompañamento, co obxectivo de que as mulleres maltratadas poidan contar co apoio dunha persoa voluntaria á hora de solicitar, por exemplo, un parte de lesións, asistir a un xuízo de trámite ou presentar unha denuncia. Cabe salientar que este acompañamento nunca debe entenderse como un substituto dos recursos profesionais de asistencia legal ou de apoio psicolóxico e social.
Sensibilización
Tamén realizarán tarefas de derivación e sensibilización que consistirán no apoio á persoa á hora de buscar alternativas a súa situación, a través da súa derivación cara aos servizos e programas de apoio e atención especializada. Nesta sentido xoga un papel moi importante a sensibilización, xa que é un problema que atinxe a toda a cidadanía.
 
 
 

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

MEDIDAS DE PREVENCIÓN PARA FACER FRONTE Á CRISE SANITARIA OCASIONADA POLO COVID-19 EN RELACIÓN COA CHEGADA Á COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA DE PERSOAS PROCEDENTES DOUTROS TERRITORIOS