900 400 273




O Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade garante a derivación automática das chamadas realizadas ao teléfono 016 dende o ámbito territorial de Galicia ao teléfono 900 400 273, en virtude do convenio asinado coa Secretaría Xeral da Igualdade, que foi publicado no BOE o pasado día 3. Esta colaboración vai permitir unha prestación máis axeitada do servizo público de atención e asesoramento ás mulleres vítimas de violencia de xénero, calquera que sexa a natureza da información requirida, garantindo ás usuarias a información máis precisa sobre os recursos xeograficamente máis próximos á súa localidade de residencia.
Do mesmo xeito, e con carácter recíproco, poderán derivarse desde Galicia ao 016 aquelas chamadas que se considere oportuno para unha correcta atención, nomeadamente, as consultas que soliciten asesoramento xurídico especializado. No caso de que a usuaria precise atención de emerxencia, a chamada será derivada automaticamente ao teléfono 112 de emerxencia autonómico.
A partires de agora, o Ministerio de Sanidade difundirá conxuntamente os dous números de teléfono nas campañas divulgativas e de sensibilización que realice en Galicia.
Ambos os dous teléfonos son de carácter gratuíto, funcionan as 24 horas do día, son accesibles para persoas con discapacidade auditiva e prestan atención multilingüe.


Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA