BOLSEIR@S






CONVOCATORIA DE SEIS BOLSAS PARA POSGRADUADOS NA XERENCIA DO CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN DO PATRIMONIO NACIONAL

BOE martes 22 de xaneiro de 2013

ESPECIALIDADES E REQUISITOS

Bolsa nº 1: Recursos humanos e relacións laborais
Titulación esixida:
- Licenciad@ en Relacións Laborais e Recursos Humanos.
- Licenciad@ en Dereito.
- Licenciad@ en Xestión e Administración Pública.
Adscripción:  Dirección de Administración e Medios.- Coordinación de Recursos Humanos.
  
Bolsa nº 2: Tecnoloxías da información e comunicacións

Titulación esixida:
- Enxeñeir@ ou licenciad@ en Informática.
- Enxeñeir@ ou licenciad@ en Telecomunicacións.
- Outra enxeñería completada cun Master de especialización en Informática e/ou Telecomunicacións.
Adscripción:  Dirección de Administración e Medios.- Coordinación de Informática e Comunicación.

Bolsa nº 3: Desenvolvemento de Planimetría para o conxunto dos edificios, xardíns e Patronatos Reais do Patrimonio Nacional
Titulación esixida: Licenciad@ en Arquitectura, con manexo de programas informáticos de debuxo.
Adscripción:  Dirección de Conservación de Bens Histórico-Artísticos. Departamento de Arquitectura e   Xardíns.

Bolsa nº 4: Identificación de series documentais do Fondo de Patrimonio Nacional
Titulación esixida:
- Licenciad@ en Xeografía e Historia.
- Licenciad@ en Humanidades.
- Licenciad@ en Historia da Arte.
Adscripción:  Dirección de Conservación de Bens Histórico-Artísticos. Arquivo Xeral do Palacio.

Bolsa nº 5: Conservación bens histórico artísticos (Coleccións Reais).
Titulación esixida:
- Licenciad@ en Xeografía e Historia.
- Licenciad@ en Humanidades.
- Licenciad@ en Historia da Arte.
Adscripción:  Dirección de Conservación de Bens Histórico-Artísticos. Departamento de Conservación.

 Bolsa nº 6: Xestión de Proxetos Culturais.
Titulación esixida: Licenciad@ en Historia da Arte.
Outros: Dominio do Idioma Inglés.
Adscripción:  Dirección de Imaxe, Promoción e Desenvolvemento.

DURACIÓN E ABONO

Ata o 30 de decembro de 2013.
O seu abono realizarase por mensualidades vencidas de 1227 euros.

BENEFICIARI@S

a) Posuír a nacionalidade española, dalgún dos países membros da Unión Europea ou dos países signatarios do Acordo sobre Espazo Económico Europeo, ou ser estranxeiro residente en España de acordo cos requisitos da Lei Orgánica 4/2000, no momento da solicitude e goce da bolsa.
b) Estar en posesión dos títulos universitarios esixibles para cada unha das modalidades da bolsa á data de publicación desta convocatoria.
c) Ter finalizado os seus estudos do primeiro ciclo de ensinos universitarios, licenciatura, enxeñería ou grao no ano 2008 ou en data posterior.
d) Non ser beneficiar@, ou non selo no momento de presentar a solicitude, de bolsa do Consello de Administración do Patrimonio Nacional.
e) Os adxudicatari@s deberán acreditar atoparse ao día no cumprimento das súas obrigacións tributarias e fronte a Seguridade Social.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E PRAZO

As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Consello de Administración do Patrimonio Nacional (rúa Bailén, s/n, 28071 Madrid), ou de acordo coa forma prevista no artigo 38.4 da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Adminitrativo Común. Así mesmo a solicitude xunto coa documentación escaneada poderase presentar por correo electrónico á seguinte dirección becas@patrimonionacional.es.
@s interesad@s só poderán optar na súa solicitude por unha das modalidades de bolsa desta covocatoria.
O prazo de presentación das solicitudes finalizará aos quince días naturais contados a partir do seguinte ao día da publicación desta convocatoria no BOE (6 de febreiro).   




 


 

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA