BOLSEIR@S




CONVOCATORIA DE 34 BOLSAS PARA OFICINAS DE TURISMO MUNICIPAIS

BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA 20/02/2013, número 37, páxina 7 anuncio 2013001517.
 
Con fundamento no artigo 35.2 b) da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, a Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra, en sesión celebrada o 15 de febreiro do ano 2013, acordou aprobar a convocatoria de 34 bolsas para a realización de labores de información turística nas oficinas de turismo municipais da provincia de Pontevedra, que se rexerá segundo as seguintes: 

BASES 

OBXECTO
Estas bases teñen por obxecto convocar, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade e publicidade, 34 bolsas de práctica laboral destinadas a Técnicos Superiores de Turismo, sen experiencia laboral previa, coa finalidade de promover e completar a súa formación nas oficinas de turismo municipais da provincia de Pontevedra que se detallan a continuación, nos seguintes termos:
  1. 18 BOLSAS DE TRES MESES DE DURACIÓN para os Concellos de Covelo, Cuntis, A Illa de Arousa, A Estrada, Marín, Meaño, Moaña, Mos, As Neves, Oia, Pontecaldelas, Ponteareas, Porriño, O Rosal, Silleda, Soutomaior, Valga e Vilanova.
  2. 16 BOLSAS DE SEIS MESES DE DURACIÓN para os Concellos de Baiona, Bueu, Caldas, Cambados, Cangas, O Grove, A Guarda, Lalín, Nigrán, Poio, Pontevedra, Sanxenxo, Redondela, Ribadumia, Tui e Vilagarcía.
CONDICIÓNS D@S ASPIRANTES
Poderán ser beneficiari@s destas bolsas as persoas físicas que, tendo plena capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para obter axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requisitos:
  1. Ter a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión Europea.
  2. Posuír o título de Técnico Superior en Guía, Información e Asistencias Turísticas ou o de Técnico Superior en Información e Comercialización Turísticas, na data en que remate o prazo de presentación de instancias.
  3. Non ter cumpridos os 31 anos de idade na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
  4. Non estar incapacitado fisicamente nin padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade obxecto da bolsa.
  5. Non ter sido beneficiari@ dunha bolsa remunerada de duración igual ou superior a seis meses na Deputación de Pontevedra nin en calquera dos entes, organismos ou entidades do sector público.
  6. Non ter experiencia laboral previa na profesión ou área de coñecementos, entendendo por tal non ter estado contratado polo grupo 3 de cotización.
  7. Acreditar o coñecemento da lingua galega, nivel Celga IV.
  8. Estar disposto a asumir os gastos de desprazamento ó centro de traballo de destino.
  9. Non estar incurso nalgunha das prohibicións sinaladas no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.
DOTACIÓN ECONÓMICA
Estas bolsas teñen unha dotación económica de 800,00 €/mes por beneficiari@. O pagamento das bolsas realizarase a partir da data de incorporación da persoa beneficiaria, por mensualidades completas ou parte proporcional. Esta cantidade será incompatible con calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a súa natureza. 

 PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
1. As instancias dirixiranse ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación de Pontevedra e presentaranse en modelo oficial ANEXO I, no rexistro xeral da institución provincial no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Na instancia farase constar a bolsa solicitada. A mesma achegarase a seguinte documentación:
  1. Fotocopia do documento nacional de identidade ou calquera outro que o substitúa.
  2. Certificado de empadroamento no que figure a data de inscrición no mesmo.
  3. Documento acreditativo da titulación esixida ou de estar en condicións de obtela na data que remate o prazo para presentar as solicitudes.
  4. Certificado acreditativo do coñecemento da lingua galega correspondente ó nivel Celga IV.
  5. Declaración xurada na que a persoa interesada se compromete a renunciar, se fose seleccionado, a calquera tipo de actividade remunerada durante a vixencia da bolsa.
  6. Certificado que acredite non estar incapacitado fisicamente nin padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade que constitúa o obxecto da bolsa, ou declaración xurada da persoa solicitante conforme cumpre este requisito.
  7. Certificado de vida laboral da Tesourería Xeral da Seguridade Social actualizado dende a data de publicación destas bases.
  8. Declaración xurada de non ter sido beneficiario con anterioridade de ningunha outra bolsa remunerada na Deputación de Pontevedra, nin en calquera dos entes, organismos ou entidades integrantes do sector público.
  9. Declaración xurada conforme se está disposto a asumir os gastos de desprazamento ó centro de traballo de destino.
2. Para presentaren as instancias os solicitantes estarán ó disposto no artigo 23, apartados 3, 4 e 5 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, en todo o que sexa de aplicación, ademais do recollido no apartado primeiro desta cláusula.

CONDICIÓNS XERAIS
Establécense as seguintes condicións xerais:
  1. As bolsas destinadas as oficinas de turismo municipais de Covelo, Cuntis A Illa, A Estrada, Marín, Meaño, Moaña, Mos, As Neves, Oia, Pontecaldelas, Ponteareas, Porriño, O Rosal, Silleda, Soutomaior, Valga e Vilanova, terán unha duración de tres meses, contados dende a data na que a persoa adxudicataria comece o seu labor na entidade correspondente.
  2. As bolsas destinadas as oficinas de turismo municipais de Baiona, Bueu, Caldas, Cambados, Cangas, O Grove, A Guarda, Lalín, Nigrán, Poio, Pontevedra, Sanxenxo, Redondela, Ribadumia, Tui e Vilagarcía, terán unha duración de seis meses, contados dende a data na que a persoa adxudicataria comece o seu labor na entidade correspondente.
  3. As bolsas serán incompatibles con calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a súa natureza.
  4. As persoas beneficiarias comprometeranse a observar o horario de traballo e a disciplina do centro ou entidade onde se desenvolva a súa práctica laboral co fin de non entorpecer o labor do persoal do centro.
  5. O feito de aceptar e facer uso destas bolsas non xera ningunha relación laboral nin funcionarial coa Deputación de Pontevedra nin coa entidade na que se desenvolvan as actividades da práctica laboral, polo que non implica, en consecuencia, ningún tipo de compromiso para un posterior contrato ou vinculación con este organismo provincial.
  6. O pagamento do importe da bolsa realizarase por mensualidades vencidas. As cantidades correspondentes estarán suxeitas ás retencións que procedan, de conformidade co previsto no R.d. 439/2007, de 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do imposto sobre a renda das persoas físicas.









Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA