BOLSEIR@S






BOLSAS DE VIAXE "RUTH LEE KENNEDY" PARA MULLERES

O Instituto Internacional de España e a Comisión de Intercambio Educativo e Científico entre España e Estados Unidos de América (programa fulbright), convocan tres bolsas parciais, destinadas a mulleres universitarias que queren ampliar coñecementos ou investigar en centros de ensinanza superior.
O PRAZO de inscripción é ata o 15 de febreiro de 2013.

Máis información info@ije.es; www.fulbright.es; www.injuve.es

 ORDE ECD/48/2013, DO 24 DE XANEIRO, POLA QUE SE CONVOCAN 72 BOLSAS PARA A FORMACIÓN E INVESTIGACIÓN EN DIVERSAS MATERIAS APLICADAS Á EDUCACIÓN

BOE 28 XANEIRO 2013, NÚMERO 24 

Convócanse un total de 72 bolsas de formación e investigación, das cales 13 serán de formación en documentación e lexislación educativa; 16 en observación e deseño de cualificacións profesionais; 9 en investigación, innovación educativa e bilingüismo; 6 en avaliación educativa; 18 en tecnoloxías da información e a comunicación aplicadas á educación; e 10 en documentación, biblioteca, arquivo e estatísticas educativas. 

DURACIÓN

As bolsas de formación terán unha duración de ata 12 meses, comezando o primeiro día hábil do mes seguinte ao da data da súa concesión e rematando o 31 de marzo de 2014.

DOTACIÓN ECONÓMICA

1.027 euros mensuais.

REQUISITOS D@S CANDIDAT@S

a) Ostentar a nacionalidade española ou dalgún outro Estado membro da Unión Europea con perfecto dominio da lingua española e residencia en España no momento da súa incorporación ao disfrute da bolsa. 

b) Estar en posesión da titulación requerida para cada tipo de bolsa e habela obtido con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2004.

FORMA E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

A solicitude deberá cumprimentarse e conformarse mediante o formulario de inscripción, dispoñible por vía telemática a través da Sé Electrónica do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte http: //sede.educacion.gob.es, sección "Trámites y Servicios" e unha vez aí  "Becas, Ayudas y Subvenciones" . Ao devandito formulario achegarase un arquivo adxunto dun tamaño máximo de 5MB con toda a documentación preceptiva.  

Cada aspirante poderá optar por tres perfís de bolsas, presentando unha única solicitude, con indicación da orde de prioridade no caso de ser seleccionado en varios perfís.

PRAZO

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais a contar desde o día seguinte á publicación desta convocatoria no BOE

ORDE AAA/129/2013, DO 17 DE XANEIRO, POLA QUE SE CONVOCAN 5 BOLSAS DE FORMACIÓN PRÁCTICA EN MATERIA DE ORDENACIÓN PESQUEIRA PARA TITULAD@S UNIVERSITARI@S

BOE 1 FEBREIRO 2013, NÚMERO 28 

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente convoca 5 bolsas de formación e perfeccionamento técnico-profesional en materia pesqueira:
a) Tres bolsas na área de coñecemento da economía pesqueira.
b) Unha bolsa na área de coñecemento da política estrutural pesqueira.
c) Unha bolsa na área de coñecemento de control e inspección pesqueira. 

REQUISITOS D@S CANDIDAT@S
 
a) Ser español/a ou cidadán/a dalgún Estado membro da Unión Europea ou de terceiros países residente en España.
b) Dominio do idioma español.
c) Estar en posesión do título de licenciad@ ou enxeñeir@, obtido nos catro anos anteriores.
d) Non ter cumprido trinta anos.
e) Coñecementos de inglés e/ou francés.

PRAZO

 O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 13 de febreiro de 2013

BOLSAS FUNDACIÓN RAMÓN ARECES PARA ESTUDOS POSTDOUTORAIS

A Fundación Ramón Areces, convoca 22 bolsas para a realización de estudos en Universidades e centros de investigación no estranxeiro, nos campos de biomedicina, química, física e matemáticas, cambio climático e ciencias do mar.

A DOTACIÓN son de 2.200 euros mensuais.

O PRAZO para presentar solicitudes estará aberto ata o 27 de marzo de 2013.

BOLSAS PARA MASTER EN FRANCIA

A Escola Normal Superior de Paris (ENS), convoca 30 bolsas para  titulad@s e próxim@s a titularse de licenciatura, para cursar unha mestría en Francia.

As áreas de coñecemento son matemáticas e informática.

REQUISITOS D@S CANDIDAT@S

Ter nacionalidade diferente á francesa
Ser menor de 26 anos ao 1º de setembro de 2013
Estar titulad@, ou estar inscrit@ no último semestre de licenciatura e poder obter o seu título antes do 1º de setembro de 2013.

O PRAZO para presentar solicitudes estará aberto ata o 4 de marzo de 2013

Máis información en www.ens.fr


 


 
 

  

 

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA