NE-NEI-RAS






Unha aplicación para teléfonos móbiles de última xeración destinada a profesionais da sanidade vai mellorar a comunicación asistencial coas mulleres inmigrantes en estado de xestación ou lactancia, reducindo o estrés derivado das diferenzas culturais. Denominada Nais do Mundo, esta aplicación foi promovida pola ONG Mestura, no marco do programa Ne-nei-ras, financiado por Igualdade, iniciado en 2010 e destinado a mulleres xestantes ou lactantes con fillos ou fillas de ata tres anos. 

A aplicación facilita información a profesionais da sanidade sobre as claves culturais da maternidade no país de orixe da usuaria, relativas ao embarazo, ao parto e aos primeiros coidados infantís, superando deste xeito as posibles deficiencias comunicativas durante a atención sanitaria debidas a diferenzas culturais. O uso desta aplicación, que o persoal sanitario pode descargar no seu terminal móbil no momento que necesite a información, vai repercutir na saúde e no benestar físico e mental das pacientes.

Nunha primeira fase, e para avaliar o alcance da aplicación, a experiencia vai levarse a cabo con carácter piloto coa cultura marroquí, por ser un dos colectivos que presentan máis diferenzas á hora de vivir a xestación e o posparto, estando previsto ampliar sucesivamente a outras nacionalidades as claves culturais integradas na aplicación.


Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA