8 DE MARZO DE 2013. ONU MULLERES. "ONE WOMAN"





"UNHA PROMESA É UNHA PROMESA: MOMENTO DE PASAR Á ACCIÓN PARA ACABAR COA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES"

Estímase que ata sete de cada dez mulleres a nivel mundial sofrirán golpes, violacións, abusos ou mutilacións ao longo das súas vidas. A violencia contra as mulleres é un feito universal, que prevalece en todos os países e en todas as situacións. Esta flagrante violación dos dereitos humanos rompe familias e comunidades e impide o desenvolvemento, ademais de custar miles de millóns de dólares cada ano aos países por concepto de custos de atención médica e perda de productividade.

Isto segue ocorrendo a pesar do progreso alcanzado: actualmente, 187 países ratificaron a Convención sobre a eliminación de todas as formas de discriminación contra a muller. Hoxe en día, o Consello de Seguridade das Nacións Unidas recoñece a violencia sexual como unha táctica deliberada de guerra. Pero é preciso realizar máis esforzos. Aínda que máis de 125 países contan con leis específicas que penalizan a violencia doméstica, unha cifra histórica, 603 millóns de mulleres aínda seguen vivindo en países onde a violencia doméstica non se considera un delito. Durante o ano 2012 presenciamos claramente como a violencia contra as mulleres segue sendo unha realidade horrenda en todo o mundo.

Neste contexto, o 57º período de sesións da Comisión da Condición Xurídica e Social da Muller (CSW57) reúnese na Sé das Nacións Unidas en Nova York, do 4 ao 15 de marzo, co seguinte tema prioritario "Eliminación e prevención de todas as formas de violencia contra as mulleres e nenas"

Con esta finalidade cantantes e músicos procedentes de todo o mundo, mulleres e homes, reuníronse para divulgar unha mensaxe de unidade e solidariedade : somos "ONE WOMAN", UNHA SOA MULLER. A canción, que se presentará o Día Internacional da Muller, o 8 de marzo de 2013, é un clamor que inspira a quen a oe e que anima a promover os dereitos das mulleres e  a igualdade de xénero. Mentras persoas de todo o mundo preparan as súas celebracións "One Woman" recórdanos que si todas e todos nos unimos, podemos superar a violencia e a discriminación. Como di a canción "We shall shine", espéranos un futuro radiante.

Únete o 8 de marzo para axudar a divulgar esta mensaxe e gozar desta celebración musical das mulleres de todo o mundo.
ONU MULLERES
www.unwomen.org/es/2013/02/media-advisory-csw-57/

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

MEDIDAS DE PREVENCIÓN PARA FACER FRONTE Á CRISE SANITARIA OCASIONADA POLO COVID-19 EN RELACIÓN COA CHEGADA Á COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA DE PERSOAS PROCEDENTES DOUTROS TERRITORIOS