CANTO TEMPO TES PARA MIN?


A Comisión Nacional para a Racionalización dos Horarios Españois e a Asociación para a Racionalización dos Horarios Españois (ARHOE) covocan co patrocinio de Fundación Independente, Grupo Anaya e Editorial Santillana, e a colaboración do Consello Escolar do Estado, o IV Concurso Escolar "Canto tempo tes para min?"

OBXECTIVOS

1. Concienciar sobre a necesidade de conciliación da vida persoal, familiar e laboral.
2. Recoller o sentir das familias e o colexio desde a óptica das nenas e dos nenos.
3. Coñecer que actividade/s desexaría realizar a/o nena/o coa súa nai e o seu pai, si volveran do traballo a casa antes do que chegan agora.
4. Defender a necesidade de que as nais e os pais saian antes do traballo e pasen máis tempo coas súas fillas e os seus fillos.

PARTICIPANTES

Alumnas e alumnos de calquera centro eduactivo de Educación Primaria e Secundaria, público, privado ou concertado de España.
    -Alumnas/os de Educación Primaria (de 6 a 12 anos).
    -Alumnas/os de Educación Secundaria (de 12 a 16 anos).

MODALIDADES

Educación Primaria. Cartel publicitario: debuxo A4.
Educación Secundaria. Entrevista: cada alumna/o converterase en xornalista por un día e fará unha entrevista á súa nai,  ao seu pai ou aos dous, e respondendo elas e eles ás cuestións suscitadas.

O prazo de presentación de candidaturas finalizará o 24 de maio de 2013.

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA