BOLSEIR@S

 

BOLSAS MAEC-AECID 2013-2014

BOE NÚM 85 9/04/2013

OBXECTO DA CONVOCATORIA

A realización dun proxecto innovador, artístico ou de investigación, por creador@s, investigador@s, restaurador@s de nacionalidade española, da Unión europea e iberoamerican@s, para @s que ademais do importe mensual da bolsa proporcionarase residencia en réxime de aloxamento na Academia de España en Roma durante os meses de concesión da bolsa.

DURACIÓN E DISTRIBUCIÓN DAS BOLSAS

1 outubro de 2013 ao 30 de xuño de 2014, por trimestres naturais acumulables.
Poderanse solicitar bolsas para períodos  de tres, seis ou nove meses, de acordo co tempo que se requira para a realización do proxecto.
Poderanse conceder bolsas nas seguintes especialidades:
Escultura
Pintura
Fotografía
Video-creación
Cine
Gravado
Deseño
Deseño de moda
Deseño gráfico e netart
Arquitectura
Música e musicoloxía
Artes escénicas
Literatura (Bolsa Valle Inclán)
Cómic
Estética: teoría, filosofía e críticas da arte
Museoloxía e comisariado de exposicións

REQUISITOS

1. Ser cidadán/á español/a ou iberoamerican@ titulad@ universitari@ superior ou artista e creador@ de demostrable traxectoria, sen límite de idade, nas especialidades mencionadas anteriormente.
2. @s solicitantes iberoamerican@s, deberán ter a nacionalidade do seu país de orixe e non posuír residencia en España.
3. @s solicitantes con dobre nacionalidade deberán elixir a nacionalidade coa que desexan cumprimentar o formulario de solicitude de bolsa e aportar os datos de identificación correspondentes á mesma.
4. En caso d@s solicitantes procedentes dun país membro da Unión Europea, deben posuír perfecto dominio do español e residencia oficial e cotiá demostrable en España, no momento de solicitar a bolsa.
5. Solicitude dunha soa bolsa por persoa e convocatoria.
6. Non ser beneficiar@ de  ningún programa da Convocatoria de Bolsas MAEC-AECID, de 6 ou máis meses, nin da Fundación Carolina, nos últimos tres anos.
7. Estar en posesión do pasaporte nacional con validez mínima de seis meses no momento de incorporarse á Academia de España en Roma, para @s solicitantes iberoamerican@s, do DNI para @s de nacionalidade española e do documento de identidade persoal para @s cidadáns/ás doutro Estado membro da UE residentes en España.
8. Non atoparse incurso nalgunhas das prohibicións sinaladas no artigo 13.2 da lei 38/2003, de 17 de novembro.
9. Indicar unha dirección de correo electrónico permanente, persoal e intransferible a efectos de notificacións.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E PRAZOS

A solicitude de bolsa terá que ser cumprimentada debida e enteramente en español pl@s peticionari@s no formulario correspondente por vía telemática, conformado en www.aecid.gob.es
O prazo de presentación de solicitudes e documentación será desde o día 16 de abril ao 30 de abril de 2013.

DOTACIÓN

As  condicións económicas da presente convocatoria son as seguintes: 
Dotación mensual. 1200 euros
Aloxamento na Academia Española en Roma, sen manutención.

SEGUROS

Asistencia médica primaria, non farmacéutica, nas condicións que se recollen na póliza subscrita pola AECID coa compañía aseguradora correspondente, para enfermidades non contraídas con anterioridade ao comezo da bolsa, e seguro de accidentes.  


AXUDAS COMPLEMENTARIAS ÁS ACHEGADAS POLA UNIÓN EUROPEA NO MARCO DO PROGRAMA COMUNITARIO DE MOBILIDADE ERASMUS E SUIZA, DESTINADAS ÁS ALUMNAS E AOS ALUMNOS QUE CURSAN ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES EN CENTROS PÚBLICOS DE GALICIA NO CURSO 2012/2013

DOG NÚM 70 11/04/2013

 REQUISITOS

a) Ser cidadán/á da Comunidade Europea ou estranxeir@ non comunitario con residencia legalizada no Estado español.
b) Estar matriculad@ no curso 2012/2013 en calquera dos centros públicos que impartan ensinanzas artísticas superiores nesta comunidade autónoma.
c) Ter obtido unha bolsa Erasmus de mobilidade por estudos no curso 2012/2013.
d) Que a duración mínima da estadía, para os efectos de concesión de bolsa, sexa de tres meses e a máxima de nove meses.
e) Non ter gozado desta axuda complementaria en convocatorias anteriores.


PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E PRAZOS

As solicitudes subscribiranas directamente as persoas interesadas ou a persoa que acredite a súa representación por calquera medio válido en dereito.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

O formulario da solicitude estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https: //sede.xunta.es, para a súa presentación electrónica. 


 CRITERIOS DE DISTRIBUCIÓN DA AXUDAS

-Un trimestre: 180 euros
-Un semestre: 360 euros
-Curso completo: 540 euros

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

MEDIDAS DE PREVENCIÓN PARA FACER FRONTE Á CRISE SANITARIA OCASIONADA POLO COVID-19 EN RELACIÓN COA CHEGADA Á COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA DE PERSOAS PROCEDENTES DOUTROS TERRITORIOS