AXUDAS PARA FACILITAR A OBTENCIÓN DO PERMISO DE CONDUCIÓN CLASE B E FAVORECER A SEGURIDADE VIARIA DA XUVENTUDE GALEGA


ORDE DO 6 DE MAIO DE 2013 DA CONSELLERIA DE TRABALLO E BENESTAR

Obxecto
 
Establecer as bases reguladoras que rexerán as axudas para a obtención do permiso de condución clase B por parte das/dos mozas/os residentes en Galicia, coa finalidade de mellorar a súa empregabilidade e mobilidade, así como sensibilizar e fomentar unha condución segura e responsable entre a xuventude.
 
Requisitos 
 
Poderán solicitar as axudas as/os mozas/os que cumpran os requisitos incluídos no artigo 10 da Lei de  subvencións de Galicia e ademais:

a) Teñan entre 18 e 30 anos de idade cumpridos no momento de presentar a solicitude.
b) Sexan titulares do carné xove vixente no momento de presentar a solicitude.
c) Teñan a súa residencia en Galicia.
d) Estean matriculadas/os nunha autoescola da Comunidade Autónoma de Galicia no momento de presentar a solicitude, no suposto de non estar xa en posesión do permiso de conducir.
e) Acrediten un nivel de ingresos netos anuais da unidade familiar que, tomando como referencia o indicador público da renda de efectos múltiples (IPREM) establecido para o ano 2013, ponderado segundo os membros da unidade familiar, non supere os máximos que a continuación se indican:

Nº de membros da unidade familiar                                                          Ingresos máximos
                          1                                                                                   18.637,85 euros
                          2                                                                                   20.707,72 euros
                          3 ou máis                                                                       23.297,31 euros
f) Non estar en posesión do permiso de condución obxecto da subvención no momento de presentar a solicitude ou telo con data de expedición definitiva a partir do 1 de xaneiro de 2013.
 
Dato de presentación de solicitudes
 
O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o 14 de maio de 2013 e estará aberto ata o día 1 de outubro de 2013.
 
Contía da axuda
 
250 euros por persoa beneficiaria.   
 


Comentarios

Entradas populares de este blog

ELAS DIXERON