AXUDAS ECONÓMICAS DESTINADAS A FOMENTAR O ASOCIACIONISMO E A PARTICIPACIÓN DE MULLERES 2013






RESOLUCIÓN DO 21 DE XUÑO DE 2013, DA SECRETARÍA XERAL DA IGUALDADE, POLA QUE SE REGULAN AS BASES QUE SE REXERÁN O PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN DE AXUDAS ECONÓMICAS DESTINADAS A FOMENTAR O ASOCIACIONISMO E A PARTICIPACIÓN DAS MULLERES. 2013

OBXECTO

Fixar as bases reguladoras de axudas económicas en favor da asociacións de mulleres e federacións constituídas por estas, coa finalidade de fortalecer e consolidar o movemento asociativo e potenciar a  participación social e a calidade de vida das mulleres galegas, a través das seguintes liñas:

a) Liña 1: consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar gastos correntes que orixine o mantemento e funcionamento das asociacións de mulleres e as súas federacións.
b) Liña 2: promoción de accións que presten atención á investigación e á recuperación da historia das mulleres, así como á xeración de referentes e xenealoxías de mulleres, destinada a compensar gastos correntes e/ou de persoal producidos polo desenvolvemento de programas dirixidos a calquera destas finalidades.
c) Liña 3: promoción de hábitos de vida saudables, destinada a compensar gastos correntes e/ou de persoal producidos polo desenvolvemento de programas destinados a esta finalidade.
d) Liña 4: promoción de accións de prevención de violencia de xénero así como de atención (protección, asistencia e/ou acompañamento) a mulleres que a sofren, destinada  a compensar gastos correntes e/ou de persoal producidos polo desenvolvemento de programas dirixidos a calquera destas finalidades.


PRAZO

Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste resolución no DOGA.

DOG Nº124 do 2/07/2013
  


Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA