BOLSEIR@S


 

BOLSAS DE COLABORACIÓN DE ESTUDANTES EN DEPARTAMENTOS UNIVERSITARIOS

O Ministerio de Educación  convoca 2356 bolsas para promover a iniciación en tarefas de investigación dos estudantes universitarios que vaian finalizar os estudos de segundo ciclo ou de Grao ou que estean a cursar primeiro curso de Másteres universitarios oficiais.
Non se concederán estas bolsas para o alumnado que estea a cursar o Proxect
o de Fin de Carreira cando este non constitúa unha materia do plan de estudos.
A dotación total e única da bolsa para todos os beneficiarios será de 2.000 €.

Requisitos:-Seguir durante o curso 2013-2014, por ensino oficial, os estudos nos que se encontran matriculados.
-Presentar un proxecto de colaboración a desenvolver dentro dalgunha das liñas de investigación en curso dos departamentos universitarios.
-Prestar a súa colaboración a razón de tres horas diarias durante oito meses a contar dende a data de incorporación ao destino correspondente, nos termos recollidos no proxecto de colaboración na universidade na que está matriculado no curso 2013-2014.

Requisitos académicos:-Non estar en posesión ou en disposición legal de obter un título académico de Licenciado, Enxeñeiro, Arquitecto, Graduado ou Máster oficial.
-Estar matriculado en 2013-2014 en ensino oficial da totalidade das materias ou créditos que lle resten para finalizar os seus estudos.
-Ter superado todo o primeiro ciclo e, polo menos, o 45 por cento dos créditos que integran o segundo ciclo, con excepción dos estudantes de Medicina que deberán ter superado o 60 por cento destes. No caso dos estudantes de Grado encontrarse cursando os últimos créditos para completar os requisitos para a obtención do título, e superar 180 créditos.
-Ter como nota media dos créditos superados a que se refire o parágrafo anterior a que se sinala a continuación para cada unha das ramas de titulacións universitarias oficiais:
7,00 puntos para a rama de Enxeñaría e Arquitectura ou Ensinanzas Técnicas.
8,00 puntos para as ramas de Ciencias e Ciencias da Saúde ou Ciencias Experimentais e Ciencias da Saúde.
8,50 puntos para as ramas de Ciencias Xurídicas e Sociais e Artes e Humanidades ou Humanidades.

A solicitude deberase cumprir mediante o formulario accesible por vía telemática a través da sede electrónica do Departamento na dirección https://sede.educacion.gob.es no apartado correspondente a «Trámites e Servizos» e enviala antes do 30 de setembro de 2013.
Máis información no BOE do 13 de xullo de 2013 e en www.educacion.es

CONVOCADAS BOLSAS FUNDACIÓN MAPFRE, PARA CARNET DE CONDUCIR XÓVENES DESEMPREGADOS 
 
A Fundación Mapfre, convoca 100 bolsas destinadas a facilitar a obtención do permiso de condución a xóvenes en situación de desemprego en España.
A convocatoria estará aberta do 1 de xullo ó 30 de setembro de 2013.
Poderán beneficiarse persoas entre 18 e 29 anos inclusive e que acrediten estar en desemprego dende ó menos o 31 de maio de 2013. Cada beca ten un importe de 500 euros.
Máis información www.seguridadvialparajovenes.com www.injuve.es
 
BOLSA PARA ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO
 
A Deputación de Pontevedra convoca unha bolsa de investigación para á Estación Fitopatolóxica do Areeiro, para realizar labores de muestreo e seguimento en campo, preparación de mostras para a súa análise no laboratorio, ensaios de control e detección e diagnóstico de axentes patóxenos.
 
Requisitos:-Posuír o título licenciado ou graduado en Ciencias Químicas con título de doutorado na data en que remate o prazo de presentación de instancias.
-Non ter cumpridos os 35 anos na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
-Acreditar o coñecemento da lingua galega, nivel Celga IV.

Estas bolsas figuran cunha dotación económica de 1.000 €/mes.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 29 de xullo de 2013.
Máis información no BOP de Pontevedra de 16 de xullo de 2013 e en http://www.efa-dip.org

LECTORADO DE LINGUA, LITERATURA E CULTURA ESPAÑOLAS

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca cinco prazas de bolseiro nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas dos centros de estudos galegos localizados nas seguintes universidades:
Universidade de Berlín. Alemaña
Universidade Nova de Lisboa. Lisboa
Universidade de Zádar. Croacia
Universidade do Estado do Rio de Janeiro. Brasil
Universidade de São Paulo. Brasil
O importe íntegro mensual das bolsas  é de 1.277,12 €.
Requisitos:
Licenciatura en Filoloxía Galega.
Licenciatura en Filoloxía Hispánica, subsección de Galego-Portugués.
Licenciatura en Filoloxía Románica, sempre que a primeira ou segunda lingua románica elixida fose o galego.
Grao en Lingua e Literatura Galegas.
Grao en estudos de galego e español.
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios.
Grao en Lingua e Literatura Españolas, sempre que a lingua B ou C elixida fose o galego e o grao fose cursado baixo a modalidade de minor en Lingua e Literatura Galegas ou maior plus en Introdución á Lingua e Literatura Galegas.
Grao en Lingua e Literatura Modernas, sempre que a lingua B ou C elixida fose o galego e o grao fose cursado baixo a modalidade de minor en Lingua e Literatura Galegas ou maior plus/modalidade mixta en Introdución á Lingua e Literatura Galegas.
Poderá solicitar as prazas localizadas en Alemaña e Croacia quen estea en posesión das seguintes titulacións:
Licenciatura en Tradución e Interpretación, sempre que, como mínimo, acredite 27 créditos en materias de galego e 21 créditos en materias da lingua oficial do país en que se localice o lectorado solicitado ou, no canto destes, 21 créditos en materias de inglés.
Grao en Tradución e Interpretación, sempre que, como mínimo, acredite 30 créditos en materias de galego e 21 créditos en materias da lingua oficial do país en que se localice o lectorado solicitado ou, no canto destes, 21 créditos en materias de inglés.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 16 de agosto de 2013.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED110A
Máis información en no DOG do 16 de xullo de 2013 e en www.xunta.es/linguagalega

BOLSA DE XORNALISMO PARA A DEPUTACIÓN DE LUGO

A Deputación de Lugo convoca unha bolsa de xornalismo unha bolsa formativa para colaborar no Programa Formativo de Cultura e Xornalismo para o ano 2013/2014.
A bolsa terán unha duración de 12 meses.
O importe da bolsa é de 11.816,64 €.
Requisitos:- Licenciatura ou Grao en: Xornalismo/ Comunicación Audiovisual ou en Ciencias Políticas e da Administración.
- Coñecementos de Protocolo e de Comunicación
- Capacidade en Xestión de estratexias para a Comunicación.
- Aplicar as tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) ao ámbito do M.C.S : coñecementos informáticos e de xornalismo dixital
- Experiencia en materia de Xornalismo, Cultura e Comunicación Política
- Coñecemento oral e escrito da lingua galega O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 23 de xullo de 2013.
Máis información no BOP de Lugo do 13 de xullo de 2013 e en www.deputacionlugo.or
 
 

 
 

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA