PROGRAMA PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO. CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR. 2013






ORDE DO 19 DE AGOSTO DE 2013 POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS DO PROGRAMA PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO COFINANCIADO POLO FONDO SOCIAL EUROPEO. 2013


A finalidade deste programa é promover e axudar a financiar aqueles proxectos empresariais que facilitan a creación do seu propio posto de traballo ás persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia.

Ao abeiro desta orde subvencionaranse as altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional que, cumprindo os requisitos e condicións establecidas nela, se formalicen desde o 11 de setembro de 2012 ata o 30 de setembro de 2013, ambos inclusive.

Persoas beneficiarias

 As persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego que procedan á creación do seu propio posto de traballo mediante a súa constitución en persoas traballadoras autónomas ou por conta propia, e que desenvolvan a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia, sempre que, cumprindo as condicións establecidas para cada tipo de axuda, reúnan os seguintes requisitos: 

– Sexan titulares ou cotitulares do negocio ou explotación.
– Se dean de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional.
– Non percibisen subvencións ao abeiro do Programa de promoción do emprego autónomo nos catro anos anteriores á data do inicio da nova actividade.
– Non desenvolvesen como persoas traballadoras autónomas a mesma ou similar actividade na mesma localidade, nos seis meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade, nin estivesen de alta como persoas traballadoras autónomas en calquera réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, sempre que a dita situación de alta presupoña actividade, nos tres meses inmediatamente anteriores. Para estes efectos, entenderase por mesma actividade a coincidencia ao nivel de 3 díxitos da Clasificación nacional de actividades económicas (CNAE).

As persoas traballadoras autónomas ou por conta propia poderán ser beneficiarias das axudas deste programa cando formen parte de comunidades de bens ou sociedades civís de nova creación, sempre que as soliciten a título persoal.

Quedan excluídos deste programa os socios de sociedades mercantís, cooperativas e sociedades laborais e os autónomos colaboradores.

Para os efectos deste programa, entenderase como data de inicio de actividade laboral a da solicitude de alta como autónomo no correspondente réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional.

Tipos de axuda

Subvención polo establecemento como traballador ou traballadora autónoma ou por conta propia.

Poderáselles conceder ás persoas desempregadas, co obxecto de facilitarlles ingresos durante o inicio da actividade e posta en marcha da iniciativa empresarial ou profesional, unha subvención polo seu establecemento como traballador ou traballadora autónoma ou por conta propia, sempre que se acredite un investimento en inmobilizado material ou intanxible necesario para o desenvolvemento da actividade por unha contía non inferior a 3.000 euros sen incluír o imposto sobre o valor engadido ou, de ser o caso, os impostos indirectos equivalentes cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, e se realice no período comprendido entre os tres meses anteriores ao inicio de actividade e os seis meses posteriores ao dito inicio, coa data límite, en todo caso, do 20 de decembro de 2013. 

No caso de comunidades de bens e sociedades civís, para a acreditación do requisito do investimento mínimo de 3.000 euros realizado por cada persoa comuneira ou socia solicitante da subvención terase en conta a súa porcentaxe de participación na comunidade de bens ou sociedade civil.

As contías desta subvención serán as seguintes:
 
A. 5.000 euros para desempregados en xeral.
B. 6.000 euros para mozos desempregados de 30 ou menos anos.
C. 7.000 euros para mulleres desempregadas.
D. 7.500 euros para persoas emigrantes retornadas, persoas traballadoras procedentes de empresas en crise, persoas desempregadas de longa duración e persoas desempregadas que esgotasen a prestación por desemprego.
E. 8.000 euros para desempregados con discapacidade ou pertencentes a colectivos en risco ou situación de exclusión social.
F. 10.000 euros para mulleres desempregadas con discapacidade ou pertencentes a colectivos en risco ou situación de exclusión social.

No suposto de que as características da persoa desempregada dean lugar á súa inclusión en máis dun colectivo, só será posible aplicar a contía da subvención respecto dun deles, correspondendo a opción á persoa solicitante. En caso de non exercer esta opción, entenderase solicitada polo colectivo coa contía superior que quede acreditado na documentación achegada coa solicitude, e no caso de que da documentación achegada inicialmente xunto coa solicitude non quede acreditada a pertenza a ningún colectivo, entenderase que é solicitada polo colectivo A deste punto.
 
As contías  incrementaranse en 2.000 euros para os seguintes colectivos:

A. Mozos desempregados de 30 ou menos anos.
B. Mulleres desempregadas.
C. Persoas desempregadas de 45 ou máis anos de idade.
D. Persoas desempregadas que rematen o seu itinerario personalizado de inserción nunha ocupación directamente relacionada no seu contido coa actividade empresarial.

As contías  incrementaranse en 3.000 euros para aquelas persoas traballadoras autónomas ou profesionais que, pertencendo a algún dos colectivos do parágrafo anterior, teñan o seu domicilio fiscal nun concello rural.
 
As contías  incrementaranse en 3.600 euros para os seguintes colectivos:
A. Persoas desempregadas de longa duración.
B. Persoas desempregadas que esgotasen a prestación por desemprego.
C. Persoas desempregadas pertencentes a algún colectivo en risco ou en situación de exclusión social.
D. Persoas desempregadas con discapacidade.

Para poder acceder aos incrementos establecidos, a persoa solicitante deberá acreditar un investimento en inmobilizado material ou intanxible necesario para o desenvolvemento de actividade por unha contía non inferior a 5.000 euros sen incluír o importe sobre o valor engadido ou, de ser o caso, os impostos indirectos equivalentes cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, e se realicen no período comprendido entre os tres meses anteriores ao inicio da actividade e os seis meses posteriores ao dito inicio coa data límite, en todo caso, do 20 de decembro de 2013. 

O prazo de presentación de solicitudes de subvención polo establecemento como traballador ou traballadora autónoma ou por conta propia será dun mes desde a data da solicitude de alta na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, respectando, en todo caso, o prazo xeral establecido nesta orde, aínda que non transcorrese o mes anteriormente citado. 

Subvención financeira
 
 A subvención financeira ten por finalidade facilitar a creación do seu propio posto de traballo mediante a redución de xuros de préstamos necesarios para a súa constitución como traballador ou traballadora autónoma ou por conta propia, tendo en conta que, como mínimo, o 75 % do préstamo se deberá destinar a financiar investimentos en inmobilizado material ou intanxible. Este investimento deberase realizar no período comprendido entre os tres meses anteriores ao inicio de actividade e os seis meses posteriores ao dito inicio, con data límite, en todo caso, do 20 de decembro de 2013. En todo caso, a persoa beneficiaria debe acreditar un investimento en inmobilizado material ou intanxible por unha contía non inferior a 3.000 euros sen incluír o imposto sobre o valor engadido ou, de ser o caso, os impostos indirectos equivalentes cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación.

A subvención financeira terá como límite máximo as contías seguintes:

A. 5.000 euros para desempregados en xeral.
B. 6.000 euros para mozos desempregados de 30 ou menos anos.
C. 7.000 euros para mulleres desempregadas.
D.7.500 euros para persoas emigrantes retornadas, traballadores ou traballadoras procedentes de empresas en crise, persoas desempregadas de longa duración e persoas desempregadas que esgotasen a prestación por desemprego.
E. 8.000 euros para desempregados con discapacidade ou pertencentes a colectivos en risco ou situación de exclusión social.
F. 10.000 euros para mulleres desempregadas con discapacidade ou pertencentes a colectivos en risco ou situación de exclusión social.

No suposto de que as características da persoa desempregada dean lugar á súa inclusión en máis dun colectivo, só será posible aplicar a contía da subvención respecto dun deles, correspondendo a opción á persoa solicitante. En caso de non exercer esta opción, entenderase solicitada polo colectivo coa contía superior que quede acreditado na documentación achegada coa solicitude, e no caso de que da documentación achegada inicialmente xunto coa solicitude non quede acreditada a pertenza a ningún colectivo, entenderase solicitada polo colectivo A deste punto.

O prazo de presentación de solicitude da subvención financeira será dun mes desde a data da solicitude de alta na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, respectando, en todo caso, o prazo xeral establecido nesta orde, aínda que non transcorrese o mes anteriormente citado. 

Prazo xeral
 
Finalizará o 30 de setembro de 2013, aínda que non transcorresen os prazos específicos previstos para cada tipo de axuda. 

DOG Núm. 159 Xoves, 22 de agosto2013





Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA