COEDUCAMOS





Dentro das iniciativas promovidas polo Concello de Silleda para a promoción da igualdade entre homes e mulleres, a Concellería de Benestar Social e Igualdade  pon en marcha un ano máis o PROGRAMA “COEDUCAMOS”, subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade e o Fondo Social Europeo, adicado a afianzar no ensino e na familia os valores e prácticas coeducativas.

Coeducar supón:
-Desenvolver todas as capacidades e favorecer as actividades aceptadas como positivas, con independencia do sexo ao que tradicionalmente sexan asignadas.
-Superar os prexuízos sobre as capacidades e recoñecelas con independencia do sexo.
-Sinalar unha serie de obxectivos de cambio dirixidos a conseguir un sistema educativo máis xusto e solidario, onde os valores atribuidos tradicionalmente ás mulleres e ós homes sexan considerados de igual importancia e sexan transmitidos ás mozas e mozos, nenas e nenos, para que formen parte do patrimonio cultural da sociedade, para un funcionamento máis xusto da vida colectiva.

O programa consta de tres tipos de actuacións:
  
1.“Elixe”. Obradoiro sobre orientación académico-vocacional para unha toma de decisións non discriminatoria.
 
2.  2.“Iguais ou diferentes”. Obradoiro de coeducación destinado ás/ós alumnas/os de Educación Infantil e Primaria.
     3."Os saberes diarios" . Obradoiro de cociña e tarefas domésticas destinado a nenas/nenos, mozas e mozos.
     
“ELIXE”.  OBRADOIRO SOBRE ORIENTACIÓN ACADÉMICO VOCACIONAL PARA UNHA TOMA DE DECISIÓNS NON DESCRIMINATORIA, DESTINADO ÁS/ÓS ALUMNAS/OS DA ESO.

As alumnas e alumnos están convencidos e así o afirman sen dubidalo que elixen estudos ou toman decisións de futuro segundo os seus intereses ou desexos, sen que en ningún momento sexan conscientes de que a socialización diferencial de xénero condiciónalles en maior ou menor medida, determinando as súas decisións.

Trátase dunha actuación baseada na liberdade persoal e que propugna valores como a ética do consentimento, a autonomía emocional, a igualdade entre os sexos, a riqueza da diversidade e a responsabilidade compartida. O noso reto é traballar dos aspectos fundamentais: autoestima e coeducación.

A acción desenvolverase no ámbito da comunidade educativa, concretamente no IES PINTOR COLMEIRO baixo a supervisión do Centro de Información ás Mulleres de Silleda, contándose con persoal con especialización acreditada para impartir cada unha das sesións.

 
SESIÓN PRIMEIRA
AUTOCOÑECEMENTO E  AUTOESTIMA:  QUÉROME?”
XOVES 31 OUTUBRO 16:30-17:30

SESIÓNS SEGUNDA E TERCEIRA
“QUE ELIXO? POR QUE O ELIXO?”
XOVES 7 NOVEMBRO 16:40-17:30
VENRES 8 NOVEMBRO 8:50-9:40

SESIÓNS CUARTA E QUINTA
“COÑECENDO A HISTORIA DAS MULLERES”
XOVES 14 NOVEMBRO  16:40-17:30
VENRES 15 NOVEMBRO    8:50-9:40

“IGUAIS OU DIFERENTES”. OBRADOIRO DE COEDUCACIÓN DESTINADO ÁS/ÓS ALUMNAS/OS DE EDUCAIÓN INFANTIL E PRIMARIA

Cando falamos de aprendizaxe entendémolo no seu sentido máis amplo; é dicir, cando o ser humano aprende apréndeo todo,o explícito e o implícito, por iso cando xogamos tamén aprendemos de todo. Non entanto, hai que facer outra matización: xogando apréndese, pero aprender non é educar. A educación é un proceso dirixido intencionalmente, no cal facilítase a adquisición de determinadas habilidades e non doutras. Desde esta perspectica, entendemos a utilidade de dispoñer de situacións de aprendizaxe baseadas no xogo a partir das cales nenas e nenos van adquirindo habilidades positivas e valores que contribúan a mellorar o seu desenvolvemento persoal.

A acción desenvolverase no ámbito da comunidade educativa, concretamente no COLEXIO MARÍA INMACULADA baixo a supervisión do Centro de Información ás Mulleres de Silleda, contándose con persoal con especialización acreditada para impartir cada unha das sesións.

SESIÓN PRIMEIRA
O XOGO NO DESENVOLVEMENTO INFANTIL”
VENRES 8 DE NOVEMBRO 10:00-11:15

SESIÓN SEGUNDA
“AS RELACIÓNS SOCIAIS NOS XOGOS. XOGANDO XUNTOS APRENDEMOS”
VENRES 15 NOVEMBRO 10:00-11:15

SESIÓN TERCEIRA
“TRANSMISIÓN DE ESTEREOTIPOS NA SOCIEDADE. PUBLICIDADE E CONSUMO DE XOGUETES”
XOVES  21 NOVEMBRO    11:30-12:45

 
“OS SABERES DIARIOS". OBRADOIRO DE COCIÑA DIRIXIDO A NENAS /OS, MOZAS E MOZOS














Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA